ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

nova experiencia-aventura, literaria e na rede

Arquivado en: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS — 15 Maio 2008 @ 7:21 pm

Tamén con alumnos de 4º ESO. Dura a actividade 50 minutos.

Traballamos dous conceptos.

Un de lingua (lexislación sobre o galego, estamos no derradeiro tema).

Outro de literatura: o concepto de xénero

-qué é poesía

-a importancia do rítmo na poesía

-distintas concepcións do ritmo

-qué é o conto

-como é o conto do século XXI.

A lexislación traballárona os alumnos desde aquí

despois de crear un documento en word (en lugar do caderno) no cal van tomar apuntamentos e traballar.

Vamos coa literatura.

A xente adoita vivir a cultura desde preconceptos enganosos. Hoxe, son un auténtico perigo.

Xa traballaramos antes sobre o concepto de poesía. Hoxe imos facelo sobre a forma da poesía.

Pedímoslles aos alumnos que entren na home page de The Homens

aí entrarán e descarga, despois, á dereita, xusto debaixo da foto, en letras de tres.

Accedemos a un pdf coas letras. Pídolles aos alumnos que lean e copien Cen días.

Pregunta: é isto poesía?

Respostas para todos os gustos. Todas condicionadas pola forma.

Tarefa: Versificáa segundo vos parece que debería ser, chamarémoslle texto A

Unha vez que o fan, escoitamos a canción. Agora teñen outra percepción do ritmo.

Posteriormente pídeselles que vaian versificando, sobre o texto orixinal, mentres escoitan outra vez (tarefa sinxela, case abonda só conpremer intro). O resultado é o texto B.

Finalmente, por correo electrónico intercámbianse os diferentes textos A de xeito que cada un deles poida contrastar o seu ritmo inical co doutro compañeir@ (abonda que sexa só con un/unha).

Faise o mesmo co texto B.

Pregunta para debate: se se vos propuxo o mesmo texto, como é que atopastes tantos ritmos diferentes?

Pregunta para debate: é isto poesía. Respota razoada na folla word onde toman apuntamentos.

É agora cando traballamos o relativo á lingua. Logo da experiencia da diversidade-unidade.

Pídeselles que copien do enlace de lingua, a lexislación xeral básica vixente sobre o galego

Pasamos a conto. Sobre o que operan preconceptos idénticos.

Pïdeselles ao alumnos que vaian a besliscos pequenos, alí entrarán nas historias eléctricas.

Alí escoitarán-lerán verde escuro e transmisión.

Velaquí quizá a forma máis vangardista de conto.

Porque son contos. Alguén ten dúbida? Razoade a resposta.

Chuzame! chuzame -

4 Comentarios »

  1. Mario:

    Pois estamos moi orgullosos de que as historias sirvan tamén para aprender. Xa llo comentarei ao Pastor, que bo trabllo que lle deu montar son, video e texto. :)

  2. xmeyre:

    Por suposo, parabéns.
    Ademais de para aprender ( un aprende mesmo dos erros )
    gustan (non só o digo eu, tamén os alumnos) están na vangarda formal do conto.

  3. o pastor eléctrico:

    Cando fixen estes pequenos contos nunca pensei que poderían chegar a ser un exemplo para os rapaces. Alégrame moito e penso que é moi importante que os rapaces se acheguen a novas formas de narrar e de contar.
    Un saúdo.

  4. xmeyre:

    O que se fai con paixón, con humildade e crendo no que se fai, sempre é un exemplo. tanto como ti te alegras, alegreime eu a primeira vez que os lin. quero que saibas, tamén, que o efecto que lles produciu foi intenso, nin rebulían de atentos que estaban..
    ESforzos como o teu fan posíbel que poidamos presumir de modernidade diante deles, o que é impagábel.
    (e grazas polo comentario, pastor eléctrico)

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Os saltos de liña e parágrafos son automáticos, os enderezos de correo electrónico nunca se publican, as etiquetas HTML permitidas son: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

(requerido)

(requerido)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image