ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for maio 20th, 2008

Raiolas no faiado, adianto da crítica

Posted: martes, maio 20th, 2008 @ 8:24 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

A conciencia da brevidade en Raiolas no faiado, que ponderei na entrada anterior desta categoría, non é absoluta. Quero dicir con isto, que hai microcontos susceptíbeis de seren acurtados sen que perdan intensidade e intención. O autor está máis pendente de inserilos nunha determinada tradición que de explotar a brevidade.

Velaí, hoxe, un adianto da crítica que mañá enviarei a ANT, confeccionado co inicio de cada parágrafo. Finalmente, o título quedou: Miscelánea de Trasdomonte.

Trasdomonte é un deses lugares máxicos. Podería ser calquera, e seguramente así é. Só que a Trasdomonte non conducen as estradas que teñen conta do asfalto polo que viaxamos. A Trasdomonte chégase pola estrada da imaxinación; pola estrada da imaxinación, as mentes desprexuizadas, de bon corazón e memoria activa percorrendo veas e arterias.

.............................................

E Raiolas no faiado é Trasdomonte, un Trasdomonte que Francisco Rozados adopata, recrea, que rexenera na letra, con personalidade propia e recoñecendo as fontes, entre idealización, homenaxe e fidelidade a unha terra e a unhas xentes que paga a pena lembrar pola súa singularidade e cualidade humanas.

............................................

Raiolas no faiado é un deses libros que un debe acoller entre as súas mans con ánimo desenfadado, desenfadado mais que á súa vez non estorbe o xuízo crítico. Recóllense nel contos (premiados en certames como o Manuel Oreste, 2006; o Camilo José Cela, 2001; Ánxel Fole, 2006; Martín Códax, 2006) e microcontos, moitos microcontos.

.........................................

Algúns dos micrcontos de Francisco Rozados brillan con luz propia ( "O aparecido", "A eternidade, "A coherencia"), precisamente aqueles nos que acada un discuros máis persoal, máis elaborado, aínda que sen alonxarse das fontes.

.........................................

Velaí o remate do parágrafo final:

E, a literatura, se ten que aspirar a algo, nada mellor que aspirar a que sexamos un chisco mellor persoas do que somos, ou a que nos convenzamos de que podemos selo se sabemos abrir o corazón e activar a capacidade comprensiva que como como seres humanos se nos presupón, tantas veces ironicamente e á lixeira case sempre, cunha frecuencia que debería provocar meditación.

Chuzame! chúzame -

máis chistes de Parrota

Posted: martes, maio 20th, 2008 @ 11:18 am in CHISTES MULEIRO-PARROTA | 3 Comments »

Un novo envío á anotación A DIGNIDADE TEN PREZO, grazas LuísG, queda incorporado á páxina aí á dereita

Xa sabedes, mandade todos os que coñezades, incorporando o nome de Parrotta en lugar de calquera outro, a ver se entera o nacho do que vale a dignidade...

Chuzame! chúzame -

para que serve a lei?

Posted: martes, maio 20th, 2008 @ 10:17 am in LINGUA, restaurantes,culinaria | No Comments »

Pola dimisión da Secretaria Xeral de Política Lingüística.

Non se pode consentir

A ver que pasa no Parla-mento. Ou era Parla-minto?

Que se molle Touriño.

Eu nunca serei cliente deste hotel , non ten categoría para min, a categoría vai no trato que se dá ao cliente, non noutra cous. O que non serve para min, nunca volo recomendarei a vós, irmáns, quero que o saibades.

Será por hoteis en Vigo!!!

Ah, a propósito, o neno que non ten paradura abriu páxina, aí á dereita, na que se tratarán temas relativos á restauración. Loxicamente tamén falarei de hoteis e esas cousas. Por onde pase, deixarei constancia da calidade do servizo recibido, o trato será fundamental, pero non o único criterio. Se queredes deixar os vosos achegamentos, entre todos podemos confeccionar unha guía de onde e como os patriotas galegos somos atendidos.

Os nosos cartos, para os nosos. Principio básico de calquera nacionalismo.

Chuzame! chúzame -