ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

máis chistes de Parrota

Filed under: CHISTES MULEIRO-PARROTA — 2008-05-20 @ 11.18 am

Un novo envío á anotación A DIGNIDADE TEN PREZO, grazas LuísG, queda incorporado á páxina aí á dereita

Xa sabedes, mandade todos os que coñezades, incorporando o nome de Parrotta en lugar de calquera outro, a ver se entera o nacho do que vale a dignidade...

Chuzame! chúzame -

3 Comments »

  1. an-ony-mouse:

    Iste son os meus:
    Campeonato Mundial de Esgrima. Habilidade. Final. Aforo a rebentar.
    Finalistas: Ricardo Parrotta, Pepe Muleiro, un galego.
    Sae Parrotta. Cunha mazá na man. Tíraa ao ar. Antes de que tocara o chan, destramente partiuna en catro cuartos exactamente iguais. Aplausos, moitos aplausos.
    Sae Pepe Muleiro. Cunha careixa na man. Tíraa ao ar. Antes de que toque o chan pelouna e partiuna en catro pedazos iguais. Incríbel. Alucinación colectiva en éxtase.
    Sae o galego, cunha caixa de mistos na man. Abre a caixa. Sae un mosquito voando. O galego manobra coa espada pero o mosquito segue voando.
    Hai que imaxinar o abucheo xeral.Que malo! Por deus, non se pode ser peor! Lindezas así
    Entón o galego encárase co público. Pon as mans de buguina e bérralles:
    -Malo eu? Ese que saiu voando non volve ser pai.

    A profesora: Dime, Parrota, canto son dúas e dúas?
    Parrotta: Se non me dá máis pistas…

    Como fai Parrotta para ver un partido de fútbol pola tele e en directo?
    Leva a tele ao estadio.

    Vai Parrota pola beirarrúa e tópase cun paseante.
    -Sería tan amábel de dicirme cal é a beirarrúa de en fronte?
    -Pois aquela mesma, señor.
    Vai Parrota e pasa, como lle indicaron, para a de en fronte e tópase con outro paseante.
    -Podería dicirme cal é beirarrúa de enfronte?
    -Pois aquela- contesta o paseante sinalándolle a que acababa de abandonar Parrota.
    -Non o entendo, antes dixéronme que era esta…

  2. Emilia P.:

    Non habían quedar os meus:
    Porque Parrota está diario preparando té?
    Porque viu un cartel que poñía: Cristo vén, preparate

    Porque a Pepe Muleiro e a Parrota non soben á segunda planta nos buses de dous pisos?
    Porque arriba non hai chófer.

    Eu teño un gato que di “miau”
    Eu teño un can que di “guau”
    Parrota: e eu un tarro que di “azucre”

    Parrota volve dunah viaxe a Las Vegas.
    -Unha chulada, tío, hai unas máquinas que lles metes moedas e eu sempre gañaba, metía moeda e gañaba, volvía meter e volvía gañar,volvía meter e volvía gañar, volvía meter e gañaba outra vez…o malo é que despois non soupen que facer con tanta cocacola…

  3. Emilia P.:

    OUTRA RACIÓN:
    Parrota entra nun puticlub.
    -A ver, canto costa botar un polvo aquí cunha puta?
    Contéstalle a madame.
    -Depende do tempo que estea, señor…
    -Supoñamos que chove…

    Parrota exeprimenta ocn bebidas e anota:
    Soda con whisky
    Soda con tequila
    Soda con absenta
    Soda con ron
    Soda con coñac
    Resultado: póñase co que se poña, a soda emborracha.

    -Mira, Parrota, o avión presidencial.
    Parrota ergue vista e nega.
    -Ca, ese non é.
    -Como que non?
    -Non, ho..
    -Como estás tan seguro?
    -Home,se fora o avión presidencial irían dúas motos antes e outras dúas despois…

    Parrota, deprimido, pregúntalle a muller se é certo que se deita co seu mellor amigo. E ela dille que si, e que non proteste, que o ten ben merecido, que lle gusta e pensa seguir facéndoo. Entón Parrota, deseperado, guindase da ventá abaixo.
    -Se serás idiota…púxenche cornos e non alas

    -Parrota, mira, una gaivota morta..
    Parrota, mirando ao ceo : Onde? Onde?

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word