A defensa dos nosos inxenios no XVIII
Orixen da palabra aldraxa "Porco galego".- Os que chasquean aos galegos co-a esispresión de <Porco galego> descoñecen o seu significado. <Porco galego> é unha loubanza dos alimentos regalados da Galiza que quer dicir; o pernil bo ha ser sempre de Galiza. Este xeito de falar empregábase xa decote no tempo de Varrón.v.g. Palma egiptia, ostrea tarentina etc. Fica imprentado que pol-os anos 900 corrían pola Hespaña as as seguintes esipresións: Mel da Galiza; Scanda de Asturias;tríticum de Campos; Mulus de Hispalis, Caballus de Hispalis. Sería chasquear a un sevillano por expo. en ves de <mulus hispalis> o decir <macho sevillano>? Non por certo porque a verba macho en aquel senso o mesmo que de Porco na frase <Porco galego> son substantivos e <sevillano> e <galego> adxetivos.
É de creer que non fose crsitián senón mouro, o que trocou os frenos â esipresión de <Porco galego>; porque como o substantivo porco non é do gosto dos mouros ainda hachan violento o pronuncialo como adxectivo e así pregan perdón ante os seus por nomeal-o
Orixen do outro aldraxe de "Galego con perdón".- A isto segue outro dito de <Galego con perdón> trocándoo co que se acostuma decir cando se nomea o animal Porco, pois pídese perdón para decil-o. Os cristiáns piden perdón por semellar cultos. Os mouros pola xenreira que teñen ao Porco, non-o nomean e piden cen perdóns cando o fan. Os Románs, nonpediron perdón a ninguén para decir porcus, nin Sus , nin Porcellus. Logo estes perdóns empregábanos os mouros entre si e a estes veñen imitar os que sin fixarse aldraxaban ôs galegos co-a frase de <Galegos con perdón>
( Nota sinéditas de Frei Martín Sarmento extractadas dos seus papeis manuscritos no Arquivo da Universidade Galega)
A Nosa Terra, número 255, 1º de Nadal de 1928
(si, si, está moi ben saber todo isto de desmitificar explicando aldraxes. Pero a xente cando che dá unha <bonita hostia> sabe perfectamente o singficado que lle está dando tanto a bonita como a hostia. o que non podemos facer é resignarnos a poñer, cultisimamente, a outra meixela)
chúzame - No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>