ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

o libro antes do libro

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA — 2008-05-29 @ 6.22 pm

Eduardo Estévez, parabéns polo González Garcés e que boa pinta ten Construcción xulgando polas súas palabras...

Dicía Eduardo Estevez : A discusión sobre o futuro do libro é arcaica. O libro está morto, cando menos tal e como o coñecemos, en papel. O futuro do libro está en internet, e negalo é non ver a realidade.

Non creo eu. Tan redondamente, non.

Primeiro, de que tipo de libro (en papel hai moitos tipos de libros) estamos a falar?

Pero nin aínda así. Non mentres o libro electrónico non se poida ler na praia, na cama, no parque, no retrete...hoxe por hoxe son moitos os contextos onde resulta traballoso en exceso o soporte informático...

Pero nin aínda así. Sinxelamente porque a pantalla do computador cansa moito máis a vista, aínda segue sendo moito máis cómodo e san ler no papel...Imaxinan como quedarían os nosos fillos se estudaran nunha pantalla en lugar de facelo no libro? Bo negocio para as ópticas.

Imaxinan ler na pantalla do computador unha novela de 600 páxinas, aínda que sexa a cachos...velaí que os "libro virtuais", concebidos como tales, teñan un número reducido de páxinas. Sempre poño este exemplo, seleccionen un, báixeno.

O libro virtual posúe características individualizadoras que fan del un producto cultural máis que non ten porque competir coa edición impresa.

Si, pero de aí a que o substitúa...

Imaxinan non poder tocar o libro, ter contacto coa súa dimensión física, non poder ulirlle o recendo, non poder abrilo ou pechalo? Qué triste unha casa sen un libro que te convide a entrar nel, a buscar un lugar cómodo e perderte nel...

Non poder darse o gustazo de subliñar, aínda que a liña saia torta?

Eu, non.

Non, internet non vai acabar co libro de papel, tamén porque o libro de papel xera industria, economía, e o outro non, moito menos.

Non, internet non vai acabar co libro de papel, porque o soporte informático é moito máis incómodo e insán.

Non, internet non vai acabar co libro de papel, pero si vai modificar aprezabelmente as relacións creador-editor-lector. Xa comezou a facelo.

Internet propón un tipo de libro alternativo para un determinado tipo de lectores, sobre todo para os que precisan lecturas rápidas e intensas. Pero non serve moito menos para quen estime a lectura demorada.

Tamén se pode dicir xa que internet é, moitas veces, o libro antes do libro.

É o libro antes do libro para que crea primeiro na rede e despois o leva ao papel.

É o libro antes do libro para quen se informa na rede antes de compralo ( se cadra vía internet).

Chuzame! chúzame -

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word