as preguntas de Sarille
* Por que a política lingüística municipal do BNG é igual, con moi poucas excepcións, á dos concellos gobernados polo PP e o PSOE? (engado e, existe esa política lingüística municipal no BNG?)
*Por que Anxo Quintana entregou o 15 de setembro de 2005 a política linggüística da Xunta ao PSOE, cando ía ser unha área xestionada entre as dúas forzas? Que quería dicir cando declarou que "pola lingua non vai haber problema? (engado eu, porque non reacciona vendo a nociva actuación da Dirección Xeral de Política Lingüística?)
*Cando os tres partidos principais ensaiaron xa a súa política de lingua en todo tipo de institucións, concellos grandes e pequenos, deputacións e Xunta, e fracasaron,quedan enerxías nalgún outro lugar? Hai razóns para a alegría?
*Por que as institucións comprometidas coa lingua teñen unha enorme responsabilidade no fracaso da súa normalización?
*Por que as normas da Real Academia Galega teñen nas edicións actuais máis de cincuenta erros graves, que as converten, ás edicións, en inservíbeis?
*Por que cando Europa está a construír grandes rexións e o mundo camiña cara á globalización, en Galiza óptase por afondar as distancias culturais con Portugal e Brasil? (e engado, porque, neste aspecto, PSOE e BNG tanto dá?)
*Porque en Estremadura estudan portugués máis de 10000 alumnos e aquí practicamente ningún?
*Porque as universidades non criaron estudos específicos para especialistas na política de lingua? Por que, no entanto, hai dez ou doce organismos investigando léxico sen coordinarse?
*Cantos profesionais da normalización lingüística en nómina hai facendo política cultural? Todos? (ah, pero, hai na Galiza profesionais da política lingüística ou son simples traballadores máis ou menos voluntaristas, no mellor dos casos?)
*Por que todas as tencencias do BNG calan a boca ante unha política lingüística igual ou peor que a do PP na época Fraga? (POR QUE?)
Estas preguntas proceden de A impostura e a desorientación na normalización lingüistica, Candeia, Xosé Manuel Sarille. Aínda non o lin, téñolle ganas, para este verán. Polo pronto, na manifestación do 18 polo dereito a vivir en galego, repartiuse un folletiño no que figuran estas preguntas, que agardan unha resposta pronta e sincera, xogámonos moito.
chúzame - 
