ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xuño, 2008

As mellores intencións, subliñados (II)

Posted: Domingo, Xuño 29th, 2008 @ 3:34 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en As mellores intencións, subliñados (II)

Botamos no café un bo anaco, mentres Lis fumaba e bebía, a ollada esvarando pola xente que camiñaba pola rúa. De súpeto deu en falar, ollando para a súa filla con carraxe. Mecosa de merda. César si sabía tratala, el non se deixaba enganar pola súa hipocrisía, porque a cativa era unha hipócrita e eu […]

santiago rey y cierra españa, ou o odio une

Posted: Sábado, Xuño 28th, 2008 @ 9:10 a.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en santiago rey y cierra españa, ou o odio une

Coméntame un  camarada que o Concello e Universidade de Vigo asinaron un acordo de colaboración para difundir para difundir entre os escolares da contorna viguesa a campaña EUROPA É PLURILINGÜE, QUEN SABE GALEGO SABE MÁIS. Coméntame que ao acto asistiu moita prensa. Con tres excepcións moi significativas: 1) A Cadea Ser de Vigo 2) O […]

As mellores intencións, subliñados (I)

Posted: Venres, Xuño 27th, 2008 @ 4:42 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en As mellores intencións, subliñados (I)

Que non son tales. Ao ler nas condicións en que o fixen e case todo fóra da casa, foime imposíbel subliñar. Porén, a falta de bolígrafo, fun memorizando onde quedaban algúns parágrafos e dobrando esquinas. Porén, antes de nada, digamos que as personaxes desta novela breve son. Gabriel, Lis, Aldara (filla de lis, non fala […]

krónika friki

Posted: Xoves, Xuño 26th, 2008 @ 9:33 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 1 Comment »

Custoume un mundo atopar aparcadoiro. Finalmente, no privado debaixo de Área Central. 15 euros. Atopei o lugar, pasei o detector, asinei e déronme o material. Da Xornada de Clubs de Lectura (en centros educativos). Abrín a saqueta e comecei a sentirme incómodo. Primeiro porque non coñecía a ninguén. Máis tarde, no  recreo do café, había […]

resposta á Consellería de Educación

Posted: Mércores, Xuño 25th, 2008 @ 8:16 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en resposta á Consellería de Educación

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2008 Un ano máis, ás portas das vacacións do verán, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria agradece o esforzo e entusiasmo de toda a comunidade educativa durante o curso que agora remata. Este agradecemento diríxese, dunha maneira especial, ao profesorado. A sociedade en xeral, e esta Consellería […]

Dun tirón, As mellores intencións

Posted: Martes, Xuño 24th, 2008 @ 7:19 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 3 Comments »

Non durmín a xeito. Pola mañá, na biblioteca, mentres os ollos me repousaban nos Cantos e fragmentos de Safo que Raúl Gómez Pato traduciu para Positivas, agarrei outro na man. Son consciente de que, logo de consultar o correo, abrín As mellores intencións coa determinación de repousar de tanta novela breve que nas últimas semanas […]

sacar peituga

Posted: Martes, Xuño 24th, 2008 @ 11:16 a.m. in restaurantes,culinaria | Comentarios desactivados en sacar peituga

Marabíllame cada día o refinamento que os humanos acadaron. Non son os adiantos tecnolóxicos os que me abren os ollos. Non. Son aspectos culinarios. Sempre, desde cativo, lémbrome co Picadillo nas mans, me atraeu o ritual inherente ás receitas de cociña. Gozar dunha comida ben preparada é un pracer só reservado a humanos. Porén, na […]

a deixadez de R

Posted: Luns, Xuño 23rd, 2008 @ 5:37 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a deixadez de R

 Estimo que cómpre esta actualización. Desde que escribira a comparativa, as cousas evolucionaron e non para mellor. Direi, por exemplo que rematei por comprar un antivirus. A seguridade R, cando a quixen instalar foi un auténtico desastre. Unha vez baixada, despois o computador non daba aberto o escritorio. Perdín moitas horas tratando de solucionalo, arredor […]

pensando en dentro de

Posted: Luns, Xuño 23rd, 2008 @ 9:07 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en pensando en dentro de

Estou empezando a ler A vida nova de Madame Bovary e, nisto danme os ollos en Da beleza, de Zadie Smith, Premio Novela Europea. 580 e pico páxinas na versión galega de Eva Almazán. Primeiro comentario: Zadie Smith, autora revelación na Inglaterra, esta é a súa terceira entrega; Zadie é filla da mestizaxe (nai xamaicana, […]

reflexión metaliteraria de Sulema

Posted: Domingo, Xuño 22nd, 2008 @ 11:45 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en reflexión metaliteraria de Sulema

As tres flexións na estrutura dinámica dunha historia, presentación, nó e desenlace, teñen carácter prescindíbel. O seu fluxo non é contínuo e garda unha  relación máis estreita do que parece cos, tamén, tres eixos básicos do plano temporario nos que se actualiza. Sen pasado, presente e futuro, resulta difícil concibir os axentes en que se […]