ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sacar peituga

Filed under: restaurantes,culinaria — 24 Xuño 2008 @ 11:16 a.m.

Marabíllame cada día o refinamento que os humanos acadaron. Non son os adiantos tecnolóxicos os que me abren os ollos. Non. Son aspectos culinarios. Sempre, desde cativo, lémbrome co Picadillo nas mans, me atraeu o ritual inherente ás receitas de cociña. Gozar dunha comida ben preparada é un pracer só reservado a humanos.

Porén, na miña opinión, a cociña ten moito tamén de mito. Pensemos que o caldo non era máis que auga na que cocía algún vexetal…durante séculos e séculos, deica que chegou a pataca…que aínda a mediados do XIX estaba xeralizando o seu cultivo nalgún lugar á outra (ri)beira (sacra) do Miño. O século XX significou unha auténtica revolución,  hoxe estamos familiarizados con prácticas culinarias de calquera parte do mundo…e, no interim, a elaboración mistificouse dunha maneira incríbel…

Desde que me poño a cociñar non deixo de sorprenderme. Lembro que de cativo odiaba o pito cocido, cousa máis insípida!!!

Pois hoxe éme un manxar. Proben. Así de simple.

PEITUGA DE PITO COCIDA AO VIÑO BRANCO.

Cocer a peituga previamente cortada en anacos do grandor dun bocado.

Acompáñena co que queiran. Suxestión: puré de pataca e pementos (do país, eh, de pel canto máis fina mellor) grellados (cando estean brandos, non ríxidos, é o momento de retiralos…esquecerán os fritidos…xa verán). Salguen ao gusto.

O segredo: inmediatamente antes de servir a peituga cocida co puré e os pementos, deixen caer unhas pinguiñas (literalmente, unha pinguiña) en cada bocado de peituga.

PEITUGA Á GRELLA

Para acompañala, a mesma suxestión de antes pode valer.

Fáganse na grella os filetes. Botalos cando a grella este ben quente. Deixar que se fagan por ese lado no que se botaron. Dar a volta e poñer por riba un pouco queixo ( Arzúa-Ulloa, mellor que melllor, pero serve calquera outro, para gustos…). Inmediatamente por riba do queixo deixar caer uns cortes finos de cebola. Eu non lle boto sal: simplemente, ao retirar as peitugas dispóñoas sobre un leito de mollo de soia.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.