ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xullo, 2008

O profesor de vegliota. Subliñados (II)

Posted: Xoves, Xullo 31st, 2008 @ 3:30 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en O profesor de vegliota. Subliñados (II)

Perdín o lapis e volvo ter problemas para subliñar, polo tanto recorro a marcar as páxinas, non me gusta subliñar con bolígrafo. A novela é unha viaxe en tren. O tren. Penso e Curros . Non quería que a pequena Mra fose un híbrido ou unha pantasma (54) ……………………………….. O rebelde non é inxénuo, coñece […]

O profesor de vegliota. Subliñados (I)

Posted: Mércores, Xullo 30th, 2008 @ 3:40 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Primeira entrega dos subliñados da novela-crónica-ensaio de Manuel Veiga: Ao principio pareceulles unha idea enxeñosa, pensando ademais que sería ben recibida,pero agora é como se a xente se tivese decatado do absurdo da mesma, aínda que ninguén o dixo, nin tampouco saíu en ningún xornal nada escrito ao respecto (10) …………………………………. Son un diaño a […]

O profesor de vegliota

Posted: Martes, Xullo 29th, 2008 @ 3:38 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en O profesor de vegliota

A novela de Manuel Veiga é a miña lectura desta semana, xa tiña gana de meterlle o dente. Quen a lera xa o saberá. Pero para quen non, poden ser de utilidade estas páxinas sobre Kemplerer e Ferrer i Gironés. Levo lidos 10 capítulos. Son 30, sen índice. Unha pena, ás veces non se pensa […]

Tres disparos e dous friames, adianto da crítica

Posted: Luns, Xullo 28th, 2008 @ 3:35 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Tres disparos e dous friames, adianto da crítica

Velaí o terceiro parágrafo da crítica que veño de enviar a A Nosa Terra. Seleccionei o terceiro parágrafo. Logo do dito aquí, e dos subliñados subidos, é o que mellor cadra. Sabendo quen é o autor e a paixón e profesión que o vive, nada estraño ten (pola contra, é moi agardábel) que non só […]

Tres disparos e un friame: subliñados, notas

Posted: Domingo, Xullo 27th, 2008 @ 3:26 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 4 Comments »

Tiña curvas ben peraltadas, cos trazos vigorosos e as sombras aplicadas sobre o sitio axeitado (17) ……………………….. Saltaba á vista que a súa era unha pose moi cinematográfica, das que se aprenden para reforzo do glamour que se supón acompaña a fauna que poboa o universo desta cidade (quizais universo é  unha verba cursi nesta […]

Onte íntimo e non

Posted: Sábado, Xullo 26th, 2008 @ 3:47 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en Onte íntimo e non

Chovía ou non chovía, coma sempre en Compostela. Pero eu empapeime. A iso ía. Sempre me gustou saír co principio da manifestación, camiñar por unha beira e irme quedando, irme perdendo na marea. É así desde cando vivía nunha casa da Algalia de Arriba. Un vicio, recoñézoo. A miña maneira de empaparme no espírito humano, […]

manifesto a prol do galego

Posted: Xoves, Xullo 24th, 2008 @ 9:28 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en manifesto a prol do galego

Realmente chámase Manifesto a prol da convivencia lingüística, vén dicir o mesmo que o promovido pola AELGA, xa o asinei, naturalmente. Onte, escoitando a radio, pola mañá, era deste do que falaban, non o do promovido  pola AELGA. Convidaron a falar a Carlos  Callón. Preguntáronlle quen promovía o manifesto a prol do castelán. A súa […]

crónica e descrónica da crítica

Posted: Mércores, Xullo 23rd, 2008 @ 6:02 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en crónica e descrónica da crítica

Debería estar escribindo isto desde o Areas, cunha cervexiña que trouxera Lisa. Pero non estou. Sempre hai quen che queira amolar as vacacións. Neste caso tiven que voltar a Chantada e non polo meu gusto. Resulta que aos do Concello non se lles ocorre outra que a de poñer ao cobro o Imposto Municipal ese […]

enredo reflexivo

Posted: Martes, Xullo 22nd, 2008 @ 4:15 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en enredo reflexivo

Práceme pasar o tempo pensando. Hai para quen pasar o tempo equivale a non pensar. A min, iso, cánsame a destempo, “estrésame”. Onte, tirado na area (raro, moi raro en min, pero é que a auga estaba algo fresca), despois de ler uns cantos capítulos da novela Tres disparos e dous friames, por certo, o […]

Tres disparos e dous friames, varias reflexións

Posted: Luns, Xullo 21st, 2008 @ 4:14 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Tres disparos e dous friames, varias reflexións

É a novela que ando lendo. Poño ligazón de Xornal, seguramente o novo Xornal Galicia, parecerase bastante, estimo. Estas vacacións están sendo un tanto trapalleiras. Deixei na casa a metade da roupa. E tamén a metade dos libros. Xeralmente gústame alternar editoriais, desta vez non podo. Tamén me apetece ler algo de evasión. Levo lidos […]