ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

As mellores intencións, adianto da crítica

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 2008-07-04 @ 3.30 pm

Esta vez selecionei o terceiro parágrafo da crítica que onte enviei a  A Nosa Terra. Velaí:

Intelixente. Dedúcese, entre outros aspectos, da habilidade coa que debuxa con palabras unha personaxe como Gabriel, un ser anodino que procura pasar pola vida sen meirande dano, polo cal renuncia a calquera tipo de protagonismo nela malia comprobar como o maltrata. Ir lendo como lle vai chovendo dentro, como todo o machaca. Ir lendo como lle vai collendo interese vivir, pouco a pouco, a partir dun feito fortuito, dun azar de abandono. Como no frío vital vai acendendo o lume a tracción indominábel dun amor desinteresado, limpo, obsesivo, sacrificado, por un ser aínda máis desvalido que o propio Gabriel. Ir lendo como a ese debuxo se superpón outro no que un novo Gabriel vai, pouco a pouco, querendo ser protagomista, tomando decisións fronte a á vida, á vida implacábel. Intelixente, narrador intelixente, que ensina sen declarar. Todo isto desde unha sintaxe narrativa composta de diferentes tríos con vértices comúns, estrutura na que se vive como Gabriel, vétice que se sente moi alonxado, vai conformando movos tríos. A vida, Olga( primeira mulller de Gabriel), Gabriel; deixa paso a Lis/Aldara, a vida, Gabriel; que supón tamén Aldara/Lis, Gabriel/César, a vida; tamén César, Lis, Gabriel pero nunca Aldara, Gabriel, a vida, porque nunca os tres segmentos se solidarizan pois a vida resérvase o dereito de arbitrarizar sobre os outros dous.

xmeyre-2008

Chuzame! chúzame -

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word