manifesto a prol do galego
Realmente chámase Manifesto a prol da convivencia lingüística, vén dicir o mesmo que o promovido pola AELGA, xa o asinei, naturalmente.
Onte, escoitando a radio, pola mañá, era deste do que falaban, non o do promovido pola AELGA. Convidaron a falar a Carlos Callón. Preguntáronlle quen promovía o manifesto a prol do castelán. A súa respota foi moi morna. Non o esquezan. Detrás de todo isto (Galicia Bilibgue incluída) é lóxico sopeitar a FAES, a Aznar. Óllese o posicionamento de El (in)mundo a favor das teses aznaristas, toda a conflitividade recente con Raxoi. Estou falando de memoria, mais non creo equivocarme. Dirixida, toda esta mensaxe aos ultras nacionalistas españolistas, dos cales un poderoso clan confraterniza baixo bandeira relixiosa, e desde ese vencello se autopromocionan e aúpan uns a outros. Por certo que o nome de Esperanza Aguirre foi pouco mentada, creo que é a"gran toupa tapada"
E MAÑÁ TODOS A COMPOSTELA, AÍNDA QUE A ESTRELA SEXA AZUL, DESPOIS XA CRITICAREMOS O QUE HAXA QUE CRITICAR, PERO PRIMERO TODOS XUNTOS.
chúzame - No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>