Tres disparos e un friame: subliñados, notas
Tiña curvas ben peraltadas, cos trazos vigorosos e as sombras aplicadas sobre o sitio axeitado (17)
.............................
Saltaba á vista que a súa era unha pose moi cinematográfica, das que se aprenden para reforzo do glamour que se supón acompaña a fauna que poboa o universo desta cidade (quizais universo é unha verba cursi nesta lea, eu preferiría poñer selva, e xa me darán a razón, xa) que o tópico alcuma como "fábrica dos soños" (17)
..............................
O atrezzo completábase cunha mesa escritorio (18, remarcado seu)
.............................
-Xa, claro...-asentiu interpretando, porque era obvio que non tragara a miña desculpa (19, remarcado meu)
.............................
Cando o rebumbio rematou, tiven a lixeira sensación de que escoitara un "¡Corten!" e que mesmo non lle importaría repetir a escena en canto dixesen "¡Acción!" (27)
............................
Levaba o pelo solto pero curto, ao estilo Lulú (29)
...........................
Ben mirado, respondía ao arquetipo tan sobado do perdedor a volta de todo, pero a min gustábame aquela rutina de urbanita candidato ao infarto (134, remarcado seu. Pero tamén meu: Frank Soutelo, detective en Los Angeles, está ben atento aos conceptos sociolóxicos galegos, haberá urbanitas en USA?)
...........................
Estas cousas danse nas películas e nas novelas, porque soan a excesivas na vida real. Pero foi así, non era un caneo de guionista en apuros (169)
.................................................................................................
Antes comentara que o título igual resultaba transparente en exceso. Pois non, impresión errada.
Non son moitos os subliñados. Máis pódense ver a homenaxe ao cinema e a actitude narratatorial.
Fixen unha única lectura. Achei algúns aspectos argumentais pouco xustificados, mesmo incongruencias. E xa digo, foi lectura única. Nesta terceira entrega das aventuras de Frank Soutelo, o que máis me interesou non é precisamente o argumento.
Estas son algunhas notas, case monoverbais, que fun tomando:
Ollos.
Disfraces.
Descricións.
Ironía.
Cinema, literatura, parodia.
Fraseoloxía.
Expresións coloquiais.
Xogo de transparencias narratatoriais.
chuzame - 4 Comments »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
xullo 28th, 2008 @ 12:12 am
Eu paseino como Dios coa terceira de Soutelo. Mireina dunha tacada nunha noite por cousas do traballo, e penso que é máis divertida das tres do autor. Non afirmarei que supera a “Un nicho para Marilyn” porque é diferente e nótase que é primeiriza, pero faise máis levadeira que “Luar no inferno”, na que Soutelo espesa por veces con terme interesado. Ademais trata o tema do sexo cun cachondeo que boto a faltar na literatura galega, non che parece? Agardo con impaciencia a túa crítica en ANT, pois teño curiosidade polo que dis do argumento. A min paréceme que o argumento ten a súa coña e vexo ben que reapareza o Sugar Jones.
Apertas, meu.
xullo 28th, 2008 @ 3:26 pm
Si que é lúdica e escatolóxica. Gustáronme máis algunas cousas que outras, hoxe precisamente vou subir un adianto da crítica.
Grazas polo comentario, Samuel
agosto 6th, 2008 @ 11:39 pm
Ata hoxe non puiden ler a crítica de TRES DISPAROS E DOUS FRIAMES en ANT. Concordo de cheo e iso que boto de menos algunha referencia ó uso dos secundarios. A min paréceme un achádego moi ben trazado o do Sugar Jones, non che parece? Mirarei a do PROFESOR DE VEGLIOTA, pese a ser un cambio de rexistro total, supoño.
Saúde.
agosto 7th, 2008 @ 11:01 am
Toda a razón no dos secundarios, é cousa que aínda me deixa remorso pero non me cabía. As miñas críticas adoitan ter sobre 9OO palabras e, neste caso, co feito chegaba ás 1000, tiven que recurtar parágrafo a parágrafo e, por suposto, espazo para os secundarios non apareceu. Sugar xa aparecía na anterior e, se non traizoa a memoria, en vindeiras entregas reaparecerán outras.
O cambio de rexistro é , si, brutal. E a forma de ler. O profesor de vegliota require unha lectura repousada e contínuas meditacións sobre o lido.
Moi agradecido polo teu comentario, Samuel