ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

O profesor de vegliota. Subliñados (I)

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 2008-07-30 @ 3.40 pm

Primeira entrega dos subliñados da novela-crónica-ensaio de Manuel Veiga:

Ao principio pareceulles unha idea enxeñosa, pensando ademais que sería ben recibida,pero agora é como se a xente se tivese decatado do absurdo da mesma, aínda que ninguén o dixo, nin tampouco saíu en ningún xornal nada escrito ao respecto (10)
........................................
Son un diaño a punto de subir a un tren que só puiden escoller en parte (11)
..............................
Sobre o propio vegliota dixeron que sería conservado e potenciado, mais pronto xurdiron protestas sociais a respecto do seu uso nas aulas, en consecuencia deixou de ser materia curricular apetición da cidadanía e os antigos profesores comezamos a exercer todo xénero de oficios desvinculados da nosa profesión anterior (13-14)
...............................................
Gore Vidal afirma, nun dos seus ensaios, que a maior parte da literatura do seu país, Norteamérica, está a ser escrita por profesores. Como se ve, características que nos son atribuídas en exclusiva, para debilitarnos, correspóndense tamén con nacións ben máis podrosas (18)
...................................
Eu descubrín para ela, e estaba orgulloso de telo feito, que a cantiga: "Cinco lobitos tiene la loba, cinco lobitos detrás de la escoba" que se cantaba facendo que o bebé colocase os cinco dedos estendidos, era en realidade unha tradución equivocada e mesmo absurda da nosa: "Cinco lobiños ten a loba, cinco lobiños dentro da toba"na que a rima se lograba cun significado natural e non forzado. O idioma que nos impoñían creara unha versión irreal. (22)
.....................................
Cando me oen, percibo ás veces o seu odio porque utilizo, sen esconderme, a fala vulgar. (26)
......................................
Terá finalmente que ceder -tamén ela- se non quere ser desprezada polos poderosos e insultada polos máis embrutecidos? (26)
................................................
As cousas obvias non se falan, pensei. Sobre todo cando causan dor (28)
...............................................
E entón volvinme preguntar para qué escribía estas notas. Para ser libre, respondinme,esta vez decontado (28)
..................................
Viaxo neste tren que procura non arrincar máis do preciso. Non arrancamos as silvas nin a invasión de mimosas que nos saen ao paso. Só as travesas de cemento (35)
...........................................
... tanto os alumnos como as alumnas esqueceron o vegliota, así como o que sabían sobre a agricultura e a natureza e eses coñecmentos foron substituídos por historia sagrada, historia dos arameos, dos tartesos, dos almorábides de almohades, todos os cales nos mantiñan, ao parecer, baixo a súa influencia (36)
..........................................
Mais que dicir do escravo que non se rebela, do tío Tom, dos xudeus dos guetos que se deixaron arrastrar aos fornos sen apenas queixa? Son moitos máis os pobos que se renden. Nos libros debería haber unha historia das rendicións,das máis vergoñentas mesmo (44)
...............................
O verde é unha das cores principais que toman os cadáveres cando se descompoñen. A terra abandonada xa non ten os ocres do labradío (46-47)
........................................
Nos Estados Unidos, no seculo XIX, e de forma emparellada á forte inmigración que se estaba a producir, aplicouse a denominada "cirurxía estética étnica" (52)

Chuzame! chúzame -

2 Comments »

  1. Levita:

    Cando se escribe con profundidade e se atinxe a xenuidade do discurso aparece inevitabelmente o topos, por iso quizais esta novela lembra a Nova Narrativa, Pero hai novidades, no proceso dialóxico no que emerxe a conciencia narradora aparecen os elementos mais vivos dunha identidade crítica, e fanno con toda a frescura de quen se atreve a nomealos dende a autenticidade. Fala Vegliota é unha das propostas narrativas mais interesantes aparecidas na literatura galega, alonxada de cómodos clixés, do kitsh que tanto nos impregna e das diletancias dos subxeneros que cren descubir a cada paso o Mediterraneo. En fala Vegliota hai moita realidade porque hai moita experiencia e por tanto moita apertura ao mundo que nos refire ao ser.

  2. xmeyre:

    Pois si, Levita. Non deixa de ser un Blúmsdei pero en serio, en serio desde o punto de vista inclusive formal.

    Grazas polo comentario, Levita

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word