ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2008

Primeira Fiada na area (da Ribeira de Creo, Esteiro)

Posted: Domingo, Agosto 31st, 2008 @ 12:40 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Primeira Fiada na area (da Ribeira de Creo, Esteiro)

Non había provisión de foguetes e,  a iso das nove, cando era cousa de empezar, deu o ceo en se iluminar en trazadas brancas, múltiples, que desprendían ozono, indicando que no ceo tamén se querían xuntar aos festeiros. Así que, finalmente, celebrouse no cuberto do pozo e no garaxe da Sra. María. A cousa fora […]

delirio

Posted: Venres, Agosto 29th, 2008 @ 11:33 a.m. in VARIA NATURA | 2 Comments »

o delirio foi tido como tránsito á superconscienia, instrumento que nos eleva nun plano superior. toda a literatura é, en máis ou menos medida, delirio. porque cómpre andar despegado  das angueiras cotiás para disciplinarte na creación. en prosa, extensa no tempo. poesía, moi intensa. o delirio é liberador. o delirio tamén é cárcere. cando perdeches […]

a galega, a desidia

Posted: Xoves, Agosto 28th, 2008 @ 12:26 p.m. in manipualción informativa, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en a galega, a desidia

non me afago moito a chamarlle así, TVG resulta máis claro. tampouco quero afacerme, empezo a pensar que todo forma parte dun plan para afastar o concepto de modernidade de calquera cousa que teña que ver con Galiza, incluída esa supresión. e é que non é doado de entender. a enorme desidia. vexan vostedes o […]

Osetia do Sur

Posted: Mércores, Agosto 27th, 2008 @ 11:14 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Osetia do Sur

Moito se fala da súa independencia, onte proclamada, apoiada por Rusia. En contra Xerorxia, xoguete dos USA, xogada que queren aproveitar para metela na OTAN e ter meirande control xeoestratéxico. É moito o ruído, a desinformación -información interesada- que sobre isto se emite, se oe, se le, nas fontes de información masivas. Recoméndolles a lectura […]

sibaritas da literatura

Posted: Martes, Agosto 26th, 2008 @ 4:04 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sibaritas da literatura

Nun artigo que estou elaborando para Escrita – fundamentalmente consiste nunha enquisa elaborada entre crític@s- María Xosé Queizán define o lector galego como sibarita da litertura, referíndose ao moito que aquí valoramos o relativo ao estilo. Coincido en boa parte coa Queizán, aliás é algo que fóra da Galiza resulta descoñecido, se cadra nin o […]

ao vivo

Posted: Martes, Agosto 26th, 2008 @ 12:24 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en ao vivo

Onte, mentres paseabamos o feiral da festa, e en tanto agardaba que Ío rematara a volta nos coches de choque, dei en observar o moito que se escofina a xente moza de hoxe. Que se pestanas postizas, unllas esulpidas, roupa de marca, raios uva, depilacións integrais a tutiplé, por non falar das sucesivas capas de […]

A vida nova de Madame Bovary, referentes

Posted: Luns, Agosto 25th, 2008 @ 4:43 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Foi na segunda metade cando acordei anotar un rexistro delas. A estrañeza dolorosa por determinadas ausencias foi o motivo. Velaí vai. Shakespeare Cervantes Proust Neruda Guillén Quevedo Lope de Vega Valle Inclán Eliot Virginia Wolf Dostoievski Tolstoi Camoes Beaudelaire Flaubert Galdós Hölderlin Twain Groucho Marx Borges B. Brecht Campoamor Virxilio Hemingway Lowry, Malcolm Truman Capote […]

as razóns dun lingüicida, dun xenófobo

Posted: Luns, Agosto 25th, 2008 @ 11:41 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en as razóns dun lingüicida, dun xenófobo

Porque a fin de contas trátase diso. Asasinar a cultura galega para asasinar a identidade dos galegos. A estas alturas da película, que aínda teime no “bilingüismo cordial”. Claro, non hai conflito en canto quen está a morrer non se queixa. Entón podn cordialmente despedirnos deste mundo, que é o que qeren os moi hipócritas. […]

lugar, metáfora política

Posted: Luns, Agosto 25th, 2008 @ 11:16 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en lugar, metáfora política

o campo de fútbol, uns centos de espectadores, once xogadores en cada bando, e os suplentes, árbitro etc… e saben cal foi a palabra máis repetida ao longo dos 90 minutos de xogo? SITIO (se no fútbol é imprescindíbel conservar o teu lugar, imaxinen na vida…)

Folión de carros 08

Posted: Domingo, Agosto 24th, 2008 @ 10:28 a.m. in VARIA NATURA | 2 Comments »

Nunca vin en Chantada tanta xente, este é o comentario máis repetido. Por tras, só outro: “as carrozas xa non son o que eran”. Estou de acordo a medias. Primeiro, nada de “as carrozas”. O folión, folión de carros. Ese é o seu nome. Claro, seguramente poucos “carroceiros” han saber o significado da palabra folión. […]