ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for agosto 3rd, 2008

crónica da inactividade

Posted: domingo, agosto 3rd, 2008 @ 3:36 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Non sei se foi mal de esstómago ou insolación (con este verán) ou as dúas á vez, vintecatro horas coma se me mallaran o corpo todiño e con vómitos. Os meus mándanme ir ao médico pero eu non quero volver enfermo. Hoxe xa teño de min, de un baño pola mañá e parece que todo vai mellor.

A pena é que non dei rematado O profesor de vegliota. Quédanme dous capituliños, nada máis. Deixa un sabor agre e doce, doce pola resistencia e a súa posta en valor, agre pola certeza da derrota. Ler, non puiden. Pero caletrar, si. É unha das ideas que con máis insistecia me percorreu oc circuitos neuronais é que vai sendo hora de que é o que perderemos, claramentre, cando perdamos a lingua. Si, a identidade e todo iso, pero sobre todo o que se lle deriva. É dicir por exemplo ninguén vai lembrar os séculos de ouro medievais galegos. Ninguén vai lembrar os Irmandiños e si nos machacarán cos Comuneros de Castilla. Máis cerca: ninguén vai lembrar a Barreiros;

seguirán a mazarnos co do "Galicia, tierra de minifundismo". Xa o quixeran eles, hostia, loitámolo e temos terra, máis ou menos, pero témola...maní de ver como negativo mesmo o que é positivo;

cando toque lembrar o Santa María, o DRIL e todo iso, farase desde a óptica castelá.

Ben, vou un chisco canso.

O GALEGO NON MORRERA MENTRES EU VIVA, FÁGOO POLOS MEUS FILLOS, POLOS FILLOS DOS MEUS FILLOS E OS EQUE DESPOIS DELES VIRÁN, TAL COMO RESISITIRON OS MEUS AVÓS E OS AVÓS DOS MEUS AVÓS PARA QUE HOXE EU SAIBA QUE SEN ELES EU NON SERÍA NADA

QUE vas facer ti?

Chuzame! chuzame -