post-convalecencia?
Insístenme en que vaia ao médico. Sei que se vou sairei de alí enfermo, e non é para tanto. Onte acabei canso de escrbir na Ferradura, mais logo dun descansiño pasei ben toda a tarde. Foi o almorzo de hoxe, unha pera e unha ameixa, o que me baldou, unido a que a noite foi terríbel, pola calor.
Véñenme algúsn pensamentos encadillados desde as reflexións de onte. Dei rematada a novela de Manuel Veiga, faltábanme dous capituliños. Seguramente mañá subirei o subliñados, aínda que viaxo e non sei como andarei de tempo.
Acórdame o conta da Taconera (vén na novela de M. Veiga), a mestra que non entendía o vegliota pero si a fala das vacas...Nesta novela hai pasaxes que a DXPL debería distribuír, de maneira gratuita e de entrega obrigatoria ocn cada matrícula formalizada no sistema educativo galego, entrega tanto a apais comoa a alumnos...
Por exemplo, esas páxinas nas que se conta como fillos (ou netos) non son capaces de entender as últimas palabras dos avós porque mudaron a un sistema lingüístico diferente.
SE se produce a substitución lingüística, tamén o saco de M. Veiga,a xente seguirá poñéndo cara de imbécil cantando os cinco lobitos tiene la loba, cinco lobitos detrás de la escoba, sen saber que é unha mala adapatción do galego.
Ben, non vou estenderme maís, non me vaia pasar coma onte
chuzame - No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>