os mortos de De Juana
Vou un mundo farto da enxurrada hipócrita, demagóxica, e polo tanto mentireira, coa que os mass (ao unísono, lembrando aquelas instruccións que chegaban dos ministerios -Gobernación, Información e Turismo...) franquistas.
Un preso cumpriu condena e a que se monta. Todo o mundo a falar d"os mortos de De Juana Chaos", entrevistas cos familiares das vítimas...
De Juana apretaría o gatillo, non o dubido. Pero os mortos non só son responsabilidade súa.
De Juana matou por algo, non por matar. Ese "algo", a "cuestión basca", é algo que non quere resolver o Estado. Polo menos non quere resolvelo pola vía do diálogo, a única vía, aceptábel, civilizada e democrática.
Que De Juana matara non é un escándalo, pasa moitas veces, outros cometeron o mesmo delito e reciben honras de heroes.
O escándalo é que esa enxurrada teña a finalidade de afogar ideoloxía e sentimento nacionalistas. Lembremos que ser nacionalista é tan lexítimo e democrático (polo momento, que xa veremos...) como non selo, e máis intelixente, máis decente coa historia, máis progresista e economicamente interesante.
De Juana matou, pagou o que se lle esixiu e agora está legalmente libre. E que?
Pero os mortos de De Juana non só son responsabilidade súa. Se a "cuestión basca" estivera resolta, De Juana, aventuramos, non mataría. Velaí a hipocresía, a demagoxia, a mentira, da enxurra que nos afoga desde os mass.
(Señores: todos os imperios teñen o seu fin, ningún foi eterno, e aquel no que non se poñía o sol pasou a mellor vida, ese imperio comezou coas anexións de Euskadi, Cataluña e Galiza. Digo anexións. Cando estes pobos comezaron a esixir independencia, polas razóns que sexan, facer oídos xordos só adía o problema...)
chuzame -