O profesor de vegliota. Subliñados (III)
Notas á marxe:
Canta resignación hai?
Canta certeza da derrota?
As historias e citas intermedias.
Vida interior-cultura
Subliñados:
Eu veño de escoitar o silencio ao meu redor, o baleiro enfocado cara a min (85)
...................................
Non encontro a paz, cada vez teñen menos conmiseración comigo, non me ofrecen nin un pequeno espazo para vivir ao meu modo (87)
...........................
O vegliota morre, por iso todos estades felices. Non comprendeu o que lle quixen dicir, aínda que as miñas palabras fosen transparentes e tal vez excesivas, pero, como os animais, o que si compende moi ben é o ton usado (92)
...................................
Os estranxeiros sempre gustaron de brandir a orogrfía como arma.Entraban nos nosos salóns de confeencias coa súa orografía en alto, mentes nós nos agachabamos embaixo das mesas (98)
...........................
Non hai conflito. Todo aquel que cacarexe a falta de harmonía será enviado aos infernos do silencio (99)
...........................
Cando escoito a un que renunciou, a un que intenta facerse pasar por branco, finxindo que ignora o que é un angazo, non podo evitar, inconscientemente, corrixilo, dentro da miña cabeza (101)
..........................
Condutor, pare o tranvía e non arranque en canto non baixe esa xente que non sabe falar correctamente. Ademais, estase dirixindo en vegliota á propia filla (102-103)
.........................
Hai países que existen por obra dunha Grande Armée, dun Estado dotado de funcionarios, corpo diplomático e demais taributos. Outros existen por obra dun poeta. A Martinica grazas a Aimé Césaire. Antes, os románticos. Polonia tivo a Mickiewicz, Hungría a Petöfi e Bohemia a Macha. Nós existimos pola poesía de R. (109)
....................................
Ás veces imaxino que podería comezar a falar a lingua oriental de golpe e nunca máis volver usar o vegliota. É unha porta que sempre está aí (116)
....................................
Que ben falas o vegliota! Quen cho aprendeu? Así un día após doutro, até o cansazo. A nena non contestaba, non podía contestar. Refugaba a aquela xente, pero eran moitos, eran todos. Os seus pais e avós, os seus bisavós e tataravós, e así poderiamos recuar mil anos, expresáronse en vegliota e toucoulle a Mra, á pequena e indefensa Mra, dar explicacións (117)
..................................
Ti, nena, es como a brasa que permanece, a que, ela soa, podería reavivar a fogueira. E o lume do vegliota está apagado, sabes? (117)
.................................
Todo morre, profesor, porque non as linguas? (118)
.................................
Quero crer o que dicía o tío Adrián de Otero: Eu son dun pasado e dun futuro. Non entendo o tempo presente (132)
.................................
Nós, coma os alemáns e outros pobos, diferenciamos entre esas dúas palabras e pasamos verdadeiros apuros para interpretar frases como La vida es sueño ou El sueño de la razón produce monstruos (133)
.................................
Como non pensar nos artistas e escritores checos do século XIX, que, nun tempo milagrosamente breve, espertaron a unha nación dormente (135)
.................................
Situación única: os checos, todos eles bilingues, tiveron a ocasión de escoller: nacer ou non nacer; ser ou non ser (135)
.................................
Acabaron por preferir unha cultura nacente á cultura xa madura dos alemáns. (135)
................................
Cando o exército ruso invadiu Praga entendeuno, entendeu
chuzame - 2 Comments »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
agosto 6th, 2008 @ 11:13 pm
Mirarei a crítica da novela de M.Veiga, supoño que saira esta semana. É unha novela que precisa visualizarse, hai nela unha proposta narrativa que o pais non so pode permitirse o luxo de ignorar, é unha apelación a conciencia narrativa, unha unha chamada de atención ao escapismo literario.
Que unha cadea de Tv, se adhira a un manifesto que marxina culturas, é moi forte para a sociedade da comunicación. Fai temer ainda mais pola calidade informativa. Con esta medida para min que Tele 5 se bota a gorxa do espectáculo, porque quizais, mellor que ningunha outra canle, percatouse xa de que a economía foi xa devorada polo espectáculo, é espectáculo.
O Estado e os españois saben que De juana non é un criminal que actuase para beneficio propio, nin un asesino en serie, saben que a súa psicopatoloxía chámase Euskal Herria, unha patoloxía política, na que eles creen desenvolver o rol de psicoanalistas. O malo é que o desenvolvemento en serie da analise desvela no psicoanalista español, un perigoso paciente cun longo historial en guerras fratricidas, represión, tortura, amais de alentador de mafias como os GAL. Un suxeito de coidado, que reaccióna mal cando se lle sinala o seu verdadeiro problema: SINDROME DO PRIVILEXIO IMPERIALISTA
agosto 6th, 2008 @ 11:50 pm
A crítica de O profesor de vegliota non sae esta semana. ANT está de vacacións, por un lado. Por outro, esta crítica pedíronma para Grial. Poñereime mañá a facela.
Moi optimista te leo, Levita. Dígoo polo de Tele 5. Despois de saber o que Berlusconi está a facer cos inmigrantes, xitanos etecé, non o son eu tanto. Calquera día Berlusconi postúlase para Imperator of Sacro Imperio Romano, lembrarao na UE, xa verás. Hai maneira de paralo, aínda que pareza mentira, apagando Tele 5, atacándolle no peto.
Grazas polo comentario, Levita