Randolfe Vilariño, exposición e exhibicionismo
Abriuna onte, venres. No Círculo Recreativo e Cultural de Chantada.
No acto, deambulando entre os asistentes e focalizando a obra exposta en panorámicas, deume por reflexionar nalgo que despois habiamos comentar, a raíz da observación de que os cadros de Randolfe seguen dúas liñas "temáticas": figuras solitarias ( ou, no seu defecto, de expresividade, sobre todo facial, truncada), inertes (vivas ou mortas), e (que moi ben poden confundirse coas anteriores) espidos (ás veces cun chisco de psicodelia amparándoos). Figuras que tenden a estar definidas por trazos grosos, e a incluír sombras que as contrasten. Óleos que foxen da execución canónica, que se refuxian no fondo prtendidamente liberador, autodidacta, dun toque cómic tan en voga. A exposición non loce como debería, culpa do local, pois a obra está excesivamente concentrada, amontonada, unha pena.
-O viño é do Porto, as invitacións ponas Caixanova, eu case só tiven que comprar o queixo e o chourizo.
-Desde logo, os pintores moito valor lle botades...
-E logo?
-Sodes os artistas máis impudorosos e exhibicionistas...
-(?)
-Si, ho, sodes os que máis transparentades as vosas obsesións.
-... e tes razón, sabes?
A exposición leva o título de 15+1. O 1 é unha ábore. Os dezaseis representan medo e repecto pola incomunicación, pola soidade, procuran a mensaxe do obxecto misterioro, achegarse, desde lonxe, á suxerencia do misterio telúrico. Niso non establece distingos entre xentes e pedras.
chúzame - No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>