ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for agosto 11th, 2008

A vida nova de Madame Bovary, primeira anotación

Posted: luns, agosto 11th, 2008 @ 5:59 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Levo lidos 12 capítulos dos 14 da primeira parte, cada parte ten 14 capítulos, da nova novela de Caneiro.

Vai sendo hora de que algo escriba, que suba algunhas reflexións que, inevitabelmente, me foron xurdindo. Dixen "nova" novela, da que todo son parabéns, polo que sei. Para os lectores habituais de Caneiro, o adxectivo "nova" resulta excesivo. Habería que dicir, mellor, "última".

Foi unha non tela lido hai un par de meses, pero o tempo manda e entón non estaba en condicións de enfrontar un discurso de tal envergadura.

A estas alturas adoito saber por onde encarar a redacción da posterior crítica. Neste caso non é así. Barallo hipóteses, sen convicción. De primeiras e do corpus narrativo de Caneiro, á que máis me lembraba era a Ébora. Pero deixou de ser así. Agora, neste preciso intre son O infortunio da soidade e Os séculos da lúa. Por un cruzamento técnico, máis que nada, porque as personaxes, auténtico pear da novela, son as de sempre.

A medida que vou lendo, vou constatando a evolución do Caneiro narrador, da súa proposta narrativa. Esa é outra alternativa.

A novela leva o título que leva, pero, de momento, a personaxe clave é Aurorita, a dona do Gatopardo, ese refuxio de perdedores, de amantes e tolos pola procura da felicidade. Eles e o seu pasado. De momento, a novela son eles e o seu pasado, case diría que a novela é o seu pasado. Eu agardo polo futuro? Estará na segunda parte?

Chuzame! chúzame -

mézclate, brother

Posted: luns, agosto 11th, 2008 @ 12:02 pm in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, Sen clasificar | No Comments »

escribiron, como da mesma man, varios alumnos meus, no papel de exame. alumnos de cero  porque non se pode dar menos. un deles, algo faltón, que por algún magnetismo nunca por min intelixíbel exercía certa atracción sobre os demais. teño a impresión de que ese rapaz padece unha enorme falta de cariño na casa, o cal non é incompatíbel coa síndrome do príncipe gallada dunha autoridade paterna diminuída o xa renunciada.

tampouco indaguei maís. era o que era, unha influencia nefasta nun grupo onde había xente boa ou moi boa, algúns que rexeitaban de cheo esa influencia pero a outros ( estamos en 4º ESO) víalles  poucas forzas para loitar contra o abismo.

nesa loita, dous factores : o lingüístico e o académico.

ao día seguinte escribino na pizarra: mézclate, brother. todo significa, meus, lembrádeo ben. erguede e mirade pola ventá. vede cantas construccións. todas, máis ou menos, feitas coa mesmos materiais. mirade o que nos din. aquela foi feita para ser habitada, aquela para só as fins de semana, aquela está claro que é un lugar de almacenaxe e traballo... é o que vedes fóra, por certo que ningunha desas construccións é inferior ás demais, todas cumpren o papel e son, para os seus donos ou utentes, imprescindíbeis por iso.

mézclate, brother. soa ben, inclusive semella que, se non o acatas es insolidario.

aquí estamos tomos mesturados (fixádevos, mesturados), uns de Sober, outros de Ferreira, outros de Monforte...eu de Chantada.

redacción, introspección, mirar dentro: quen sodes vós?, para cada un : quen son eu.

antes de entregalas, pregunta: quen é o máis importante nas vosas vidas?

entréganas, non as leo. para min Lucía é moi importante, intelixente, gran lectora, pilla todo á primeira, divertida e animada, unha sorte tela na clase, dáme seguranza. para min Adrián, este primeiro, é moi importante, estuda pouco, gústalle facer poesías. Telama é unha aventura, nin ela mesma sabe o que pode acabar dando. para min é importante a tranquilidade de David, o curso sería outro sen a súa serenidade e o seu enxebre vocabulario. Tamara non para de amolar, non estuda nada, pero aínda podemos soñar o día no que se faga consciente. Sandra, este ano acordou tarde poñerse a traballar, alegrarame que dunha vez se decida. Selene, Ntalia, a primeira Tamarao, Manuel, Iria, Alba, Miriam , Xabier... outro Adrián, que estuda algo máis, rende mellor, inclusive dá a impresión de que ás veces vai un pouco por diante do que explico...

quérovos así ou mellores, porque o potencial para serdes mellores, máis conscientes e máis sabios, máis verdadeiros e menos imaxe repetida doutros.

mézclate, brother? para qué? para acardes diluídos nun todo abismático? para renuciar  ser vós en nome dun grupo?

o grupo é importante porque o integrades vós, co avosa personalidade, desexos e esperanzas.

ao día seguinte houbo varios trocos de ubicación, voluntarios, na aula.

Chuzame! chúzame -