Así é, se vos parece
- papá, a min as películas en branco e negro non che me tiran moito que digamos...
-Ti esquece se é en color ou non, que te emocione a historia e déixate ir...Ademais lembra que esta película ten case 70 anos.
A aquela hora tampouco se ofertaba nada que puidera facernos mover o dial. E funcionou. Darío enganchouse. Eu revíaa por enésima vez ou así. Agora centrado en disfrutar o papelón de Thomas Mitchell, que lle valería o Óscar. Aínda que tampouco desperdiciaba outros aspectos que lle ía comentando ao rapaz, a toma imposíbel desde a dilixencia, a porta da dilixencia con dous balazos cando os indios non tiraban por alí...detalles así.
El calaba, ou admirábase. Eu, sen decatarme, en lugar de enxalzar o filme desmitificábao.
-sabes, papá, todo isto é un pouco incríbel, tanta puntería con tanto movemento, que atinan sempre nos indios e os cabalos nin os rozan...
chúzame -