A vida nova de Madame Bovary, subliñados segunda parte (I)
Así comeza a segunda parte:
Pasou un ano e O Gatopardo tiña moitas cousas que contar, aínda que nada contase. Ultimamente os hóspedes vivían máis fóra que dentro, máis na rúa que nos cuartos da pensión e máis nos bares de copas que no faladoiro beatífico de dona Aurorita; agás Belisario de Rennes, que non se movía, apenas; e
Tranquilina, que tomara moi en serio a cuestión do seu exilio do mundo e da linguaxe, esa crisálida, e que con dúas palabras, máis menos, tiña suficiente para subsistir e comunicarse e expresarse e falar dos soles que sempre faltan, das caricias como arañas, dos soños. (355)
............................................................
Había que pensar no ben que lle fixeron elas á sociedade, imaxine vostede a cantidade de divorcios que evitaron, e de delincuentes, e asasinatos. As putas tiñan que ser funcionarias, con Seguridade Social, con pagas extraordinarias, con plus por perigosidade... porque hai moitas enfermidades venéreas neste
mundo... (364)
.................................................
-E mire que é gorda a condenada, pero mellor así, dona Aurorita, eu creo que unha novela que non pesa por fóra é difícil que poida pesar por dentro.
-Non sempre, Manuel, hai novelas de poucas páxinas que teñen todo o que teñen que ter as novelas. (368-369)
.................................................
-Maxia, Manuel. As novelas deben ter maxia, un abracadabra capaz de cambiarche a vida. Tes que saír distinto de como entraches... e de non ser así, non paga a pena perder o tempo con elas. Mellor ausentarte na barra dun bar, que tamén ten o seu encanto, entre copas. Entre porcións de miradas e bicos que ninguén
regala, e iso que saen gratis, Manuel. (368)
...................................................
"A súa seu relixión era a desesperanza. Tiña miles de fieis e un exército de vixías sobriamente preparado para intervir na defensa dos seus principios, que eran tres: non desexarás, non soñarás, non lerás. Novelas. Porque as novelas son o alimento da esperanza. E a esperanza mata" ( 385)
...................................................
E Quevedo era un xenio. Por iso deixou crecer un fino bigote e perilla, e puxo unhas redondas antiparras, e foi de poeta pola vida Tristán Luces. Para parecerse a el: un Quevedo imaxinario que danzaba entre as serraduras da súa cabeza tola, ferida de amor e para sempre. (388)
.....................................................
E o único triunfo que existe é a felicidade, o home que é feliz triunfou, aínda que viva na aldea máis remota, sen luz, sen auga, sen televisores que anuncien variadísimas alegrías se compras, vendes, adquires, alugas. (388)
.....................................................
Talvez a felicidade sexa iso, un quedar en branco, un baleiro, unha Nada que te acaricia suave como veludo e plumas. (392)
....................................................
El repetiríalle o verso de Ezra Pound, unha e outra vez: o que amas perdura (402)
....................................................
-As novelas son un tango, non podes deixar de bailalo.
-Non estiveches moi afortunado esta vez -sinalou Edelmiro.
O barman, que era alcalde, intentouno de novo:
-As novelas son un cárcere do que nunca podes escapar. (404)
.......................................................
A ambigüidade conquistou o planeta e ao xénero humano, créame, dona Aurorita, só lle queda a resignación. A estupidez é democrática, todos a votan. No seu nome creáronse Estados, modas,
fortunas, gobernos e desgobernos. A estupidez é a gran señora do mundo, patroa. (416)
....................................................
-Incrementáronse tanto as respostas que se o home non crea preguntas, dona Aurorita, estamos condenados a desaparecer-afirmaba Román Catarino-. O aumento de respostas é proporcional á carencia de preguntas. Imaxine vostede que pinta o ser humano na terra se xa non ten nada que preguntarse. (416)
.....................................................
-A culpa téñena os teléfonos, a internet, a televisión. Teñen o ceo contaminado. Son uns canallas. Os da telefonía e os da internet, os imbéciles da televisión. Hoxe, o único éxito real é non saír nunca na televisión. Uns cabróns, coño. (418)
..................................................
As cousas fermosas son en si mesmas e o tempo non pode afectalas. Dicía iso o mestre de mestres. ¿Vostede non leu a Borges?
-¿O dos cacahuetes? (427-428)
..................................................
-Antes de crear o mundo, Deus soñaba demasiado. E todo por xuntarse cos filósofos, que pasaban o día soñando, inventando ideas, unha tras outra. A un deles ocorréuselle que debían crear o mundo, a Terra. Deus, no medio dunha borracheira que lle durou sete días e sete noites, foi capaz de facelo. (428-429)
..................................................
-Claro que vos quero, ¿como non vos vou querer... Vós sodes os pais de Madame Bovary, xente moi importante... E eu sempre quixen á xente importante. (431)
................................................
Por iso tomou a frase como súa. Se hará. Era unha declaración de principios, unha filosofía: a contradición entre a realidade e o desexo. Pero tamén un berro de esperanza. (438)
..................................................
Ningún dos biografos de Shakespeare ousou contar a súa infancia e a súa adolescencia, alegando que non había datos abondos para relatar ese período escuro. Todo escuro. Pero Rocamora relatou a infancia de Shakespeare, foi capaz de reinventar ao Guillermito Shakespeare neno, mocoso, bobalicón, e eróxeno. Namorado do seu profesor. Sentado no seu colo. Pedíndolle unha e outra vez mil bicos. (441)
..................................................
Pero dos intentos non se fai boa literatura. ( 441)
.................................................
O meu desexo de ser escritor non pode existir inutilmente. Se o teño, e se parece tan grande, é porque tarde
ou cedo conseguirei o meu propósito. (442)
..............................................
Arístides Rocamora sentiuse melancólico. E pensou en Hermelinda, que quería ser Madame Bovary. E pensou no amor. E despois no desexo. Fortunata y Jacinta era tamén unha novela sobre o desexo, o mesmo que atiza coas súas lapas, agora mesmo, no atol da súa alma. (455)
...............................................
A felicidade é unha cuestión da alma e non do corpo. Un séntese feliz por dentro, e os exemplos son varios. Homes que viven na pobreza e alcanzan o gozo, mesmo na enfermidade, e outros que o teñen todo pero non poden ser felices e rematan metendo unha escopeta de cartuchos na boca. Polo tanto, cando Boyle e Mariotte falan dos gases están a falar da alma, están a falar do único espazo onde é posible a felicidade. (467)
.............................................
Quero descargar en vostedes o complexo que me fai un home distinto. A próstata. A maldita próstata. Tamén chamada próspera por algúns dilectos cidadáns de esta España mía, esta España nuestra ( 472)
............................................
Porque o mariconeo é unha arte, así pensaba Marquitos e así o comentou nalgunha ocasión con Hermelinda, a súa compañeira de viaxe, de tren, de escuridades. (489)
.............................................
Ou para intentaren ser felices, porque a felicidade -aseguraba Marquitos Acebedo nos minutos lúcidos e lucidos, brillantes como a goma do seu coello de peto- é un estado transitorio que se perpetúa na súa propia busca, simplemente iso. (508)
...............................................
Porque, ¿para que enganarse?, a puta española era unha especie en extinción . ( 515)
...............................................
Por iso España camiñaba de mal en peor. Porque os políticos, que sempre utilizaran as putas como cama elástica das súas ambicións, estaban sós. En mans das peliforras estranxeiras. E elas, inocentes, non sabían da idiosincrasia española. Non os inspiraban. E pasaba o que pasaba: os políticos non daban unha no cravo. (515)
..............................................
Todos se queixan de dores de cabeza, de estómago, de mala memoria, de non chegar a fin de mes co soldo da oficina... pero ninguén se queixa de ser imbécil. (520)
.............................................
-Ti non sabes escribir, Manuel.
-A maioría dos americanos que venden millóns de exemplares, tampouco, e aí están. ( (523
chúzame -