ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Setembro, 2008

Nove, segunda anotación

Posted: Martes, Setembro 30th, 2008 @ 7:32 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Nove, segunda anotación

Fixen ben en fracturar a lectura do poemario de María Lado, publicado en Fervenzas. Ficábame, en realidade, pouco para rematar. Mais viña de estar escoitando Berlín, na ligazón que antes indiquei. A contaminación foi excesivamente forte. Ao reiniciar, e rematar a lectura, decateime. Teño que precisar. Efectivamente, que me deixe alegría no corpo non quere […]

Zane Grey

Posted: Martes, Setembro 30th, 2008 @ 11:25 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, curiosidades? | 2 Comments »

As sesudas  Historias da Literatura poucas veces se deteñen en nomes como o  de Zane Grey. E eu lembrei o seu nome só recentemente, co gallo dunha reflexión que fixen sobre a “miña particular historia lectora”. Desde entón teño certo apetito de relelo, e o certo é que non dei atopado ningún libro seu. Mais […]

Nove

Posted: Luns, Setembro 29th, 2008 @ 8:36 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Levo querendo lelo desde hai meses. E xa pensara que o perdera. Reatopeino antonte e prendime del. Nove, X Premio Avelina Valladares, María Lado. Poesía fonda, sentida, plena de sentimento. Unha arroiada verbal do corazón, pero moi traballada. Insisto, moi traballada. E que decorre pola túa lingua deixando arrecendos e sabores tan naturalmente como un […]

no Corpiño e o buraco espazo-tempo

Posted: Luns, Setembro 29th, 2008 @ 10:44 a.m. in curiosidades? | Comentarios desactivados en no Corpiño e o buraco espazo-tempo

Por verse para outro ano libres de noite lostregada e vetimperio, a xente da 1ª  Fiada na Area, de Esteiro, ofreceuse a ir ao Corpiño. E tamén fomos nós, Ío e mais eu, que a xornada prometía abofé que non decepcionou. Unha vez chegados, uns minutos antes da misa das doce, procuramos o autobús que […]

o futuro do libro, apuntamentos de urxencia

Posted: Sábado, Setembro 27th, 2008 @ 12:18 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en o futuro do libro, apuntamentos de urxencia

O futuro do libro, eis un dos temas que, recorrentemente, máis me ocupan. Xa teño escrito aquí. Levaba un tempo, ben poden ser uns meses relaxado desta angueira. Mais semella que a sociedade megaindustrializada (de súpeto) botara de menos os ciclos estacionais que até hai pouco dirixiron os días da vida. E vai e, cada […]

estratexia para tender pontes

Posted: Venres, Setembro 26th, 2008 @ 5:36 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en estratexia para tender pontes

Cheguei a estes días coa mosca detrás da orella. Pasado período vacacional, encetando a narración dun novo ano académico, non sentía eu a proximidade d@s alumn@s tan intensa como cando rematou a ano anterior, o cal me ocasionaba un sentimento de pena e desorientación. Sería por mor da “invasión escolapiana”?. Nalgún curso, non hai maís […]

que é a poesía?

Posted: Venres, Setembro 26th, 2008 @ 10:47 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 2 Comments »

No remol do que estamos vivindo a redor do caso de Eduardo Estévez e o González Garcés (onde a unanimidade é absoluta) No remol das miñas propias inquedanzas verbo da letra escrita Para unha definición de poesía

Poderosa, subliñados (III)

Posted: Xoves, Setembro 25th, 2008 @ 5:04 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

LEMBRAREI, ANTES DE NADA, QUE  NESTES SUBLIÑADOS EXTRACTADOS DA VERSIÓN ORIXINAL, AS PÁXINAS INDICADAS CORRESPONDEN Á TRADUCIÓN QUE PUBLICA XERAIS Só encontrei uma borracha. Era macia o bastante pra ganhar uma mordida, ainda mais que tinha um perfume (ou sabor?) de tutti frutti. Mas achei melhor comer pipoca. Traducido como: “Só atopei unha galleta. Pero […]

Xabarín, que te vin

Posted: Xoves, Setembro 25th, 2008 @ 10:51 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Que te vin, porque xa case non te vexo. Non podo. Non podo, porque xa case non existes. Desde a Ferradura reclamamos o Xabarín polas tardes. Desde a Ferradura reclamamos algún tipo de Xabarín, ou espazo para os cativos, os domingos. Está claro que es–tes gardan algún tipo de odio polas crianzas, polos nosos rapaces. […]

pola Sidrería Galega

Posted: Mércores, Setembro 24th, 2008 @ 7:51 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en pola Sidrería Galega

A marcha de Sidrería Galega para Monterroso constituiría unha catástrofe para Chantada. Unha Chantada á que non dan chegado os cartos do canon. E todo por un carril bici!!!!!!!!! En fin, xa sabemos todos das perrenchas e arbitrariedades enfant terrible do señor Manuel ese que é responsábel de Medio Ambiente. O dicir responsábel é moito […]