o pallaso Steiner, os cartos
Porque foi por cartos. Non teño a menor dúbida. Nin mala información. NIn ignorancia. Nin sequera necio.
Évos moito máis simple: uns miles de euros, unhas cantas conferencias aquí e alá, unhas vacacións pagas, algún tipo de favores editoriais… (escoller e incrementar)
Que alguén pense nos intermediarios, nos representantes dos autores, que andan moitas veces por detrás destas historias. Como aquí non estamos habituados a esa figura, igual se nos pasa; pero non se debe esquecer, que igual andan metidos no fregado…
Que ninguén bota a lingua pacer así por nada. Desde logo estes comentarios son para tomar moi enserio. Vamos, que é unha hostia dada a conciencia, non un esvarón. Non darlle importancia é un craso erro.
Nalgunha anotación anterior xa dixen que había que internacionalizar o conflito, que se enteren por aí adiante do que nos están facendo. Semella que eles o entenderon mellor.
Detrás hai cartos, seguro. Non teño probas, abóndame coa sospeita e coñecer un chisco as aberracións a que os xornais poden chegar. E o grupo Prisa xa sabemos onde ten o cu sentado.
Eu imaxínoo así. Sóndease no mundo os representantes quen estará disposto a facer un chisco o pallaso, que por facer o pallaso hai moitos que cobran encantados. Premio para o representante, favores ou cartos. Premio para o pallaso.
2 Comentarios
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2008-09-01 @ 12.34 p.m.
Unha boa anotación, eu non teño dúbidas de que este home vive a base de conferencias; e cando un vive dese xeito acostúmase a falar sen documentarse. Non sei ata que punto as declaracións son froito dunha ben pagada premeditación. Coido máis ben que de tanto ver cartos por falar sen máis este homiño perdeu o norte da reflexión e perdeu a medida das palabras… mais os cartos andan detrás do asunto.
2008-09-01 @ 1.15 p.m.
Non perdeu o norte, non, sabía o que dicía. Se un le a modo, e se fixa na sintaxe intencional, inclusive atopa retranca agresiva
Grazas polo comentario, Proxecto Q