que hoxe mesmo onte eviei a ANT.
Unha cita, antes de nada:
continue atentar a diario contra as regras, contra as cartas marcadas da baralla, contra os axiomas que nos empuxan a crer na mansidade, na entrega, na claudicación das utopías (172)
É importante poder crer no que un escritor escribe. Pero a súa credibilidade no se desprende unicamente da obra escrita, tamén da praxe diaria. Ser escritor non é algo alleo, algo extra, á natureza humana. Ou forma parte dela ou entramos no eido da quimera inútil. O que se escribe ten que ser vida, que outra cousa pode ser?
Vai o adianto da crítica, corresponde ao terceiro parágrafo, tituleina A Vida Nova de madame Bovary; proxecto, resultado e deriva.
A novela é iso, as súas personaxes, o intercambio de pasados e frustracións e ilusións entre elas. A interacción entre as personaxes é mínima. Estruturada en dúas partes, a primeira é o encontro na de Aurora; a segunda, un ano despois, aínda que aquebra espazo-temporal é diáfa necesítase para crear dous momentos diferenciados, conclúe que a única maneira de estes seres teren un pasar pola vida é xuntándose de novo. Plantexamento e conclusión lembran moito os Rinocerontes e Quimeras de Marcos S. Calveiro, inclusive na estratexia narrativa. Aínda que a estratexia narrativa de Caneiro resulta traizoeira. Quere escribir unha novela divertida, e bota man desa prosa súa de ritmos medidos, de abalos e devalos segundo a intensidade e laxitude emocionais, envolvente e terapéutica como a salmodia. Porén, o clima creado pola xunción de tanta personaxe frustrada, melancólica, doída, infeliz, non potencia por contraste os momentos humorísticos senón que os dilúe na augamar salgada amargura. Por riba, en personaxes así de estrañas, sorprenden menos as súas reaccións. Iso si, a novela é desas que gusta contar; a lembranza alixeira as historias e co resumo oral apetece o reler selectivo. Se no inicio lembraba Ébora, o esgotamento en si mesma da estratexia narrativa acabará por estar máis cerca de O infortunio da soidade.
Quero explicitar a relación con Rinocerontes e Quimeras. Na de Marcos S. Calveiro, hai un grupo de monstruos de feira, o inquilinos do Gatopardo poden ser facilmente equiparábeis, todos son seres a-normais. Os monstruos de feira están prisioneiros e loitan polo futuro. Como os inquilinos do Gatopardo, prisioneiros do pasado e da infelicidade. Son novelas moi diferentes, certo, pero tecnicamente resulta máis atrevida, máis variada, a de Marcos Calveiro, menos monótona. Lástima que non lle adicara un tempiño máis.
chúzame -