Carredano, Calveiro: diálogos históricos
Estou lendo, á vez, o Veleno Tinto e o Festina lente.
Certa que son dúas novelas históricas. Na de Carredano remtei o segundo capítulo, Na de Marcos S. Calveiro quédanme unhas 90 páxinas para rematar. Rematarei primeiro o Festina lente, calculo que pasado.
Téñase en conta que Veleno Tinto está publicado en colección para moz@s. Saber, é bon sabelo. Porén, iso non invalida o contraste no tratamento dos diálogos. Á súa vez, ese tratamento é espello de ata que punto o narrador se sabe / dá posto no lugar dun narrador medieval ou resulta vítima da óptica actual. Neste aspecto, na novela de Carredano, son precisamente os diálogos os que máis me conteñen para entrar na época da novela. O que máis me atrae é a personaxe de Frei Samuel, e que, xulgando polo lido, xa se insinúan pólos de interese para moz@s. Os protagonistas deste tipo de narrativa non teñen porque ser adolescentes. Comezo do século XIV.
E, precisamente, o viño, en Festina lente, molla moitas gorxas, algunhas teño para min un tanto incribelmente, e é que, aínda sabendo dos moitos milagres que Santiago Apóstol fai, algún caldo non sobe de xeito natural. Unha pedriña no camiño. De momento, no caderno da crítica hai aínda outras dúas ou tres anotadas.
Tiña gana de poñerme a ler a de Marcos S. Calveiro, a verdade é esa. Os Rinocerontes e Quimeras deixáronme bon padal, e ansia de ver como Calveiro se desenvolve en historias de máis fondo. Esa curiosidade estase vendo satisfeita non totalmente. Século XVII
Malia as pedriñas, o paseo práceme.
Non é novela para ler aos poucos. De abandonarse o camiño encetado, farase máis pesada a marcha
chúzame -