ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for setembro 4th, 2008

de hoxe

Posted: xoves, setembro 4th, 2008 @ 4:14 pm in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | No Comments »

Veño de estar nun centro de secundaria santiagués. Andaban a voltas coas matrículas. Houbo cousas que me deixaron mal corpo.

1)A pouca educación d@s mox@s, incapaces de formar unha fileira e aínda menos de respetar a formada. Dixen pouca e ás veces debería dicir mala ou pésima: como cando despois de efectuar a consulta que estimaran oportuno marchaban airadamente, sen "despedirse", pasando  olimpicamente das normas de cortesía lingüística parecían descoñecer calquera fórmula para establecer contacto lingüístco e menos para indicar a súa fin.

2)Por riba, varios sorprendéronse de que tiveran que devolver os libros nos que estudaran. O estado de salvaxismo nas cidades paréceme fondamente preocupante.

3)Pero o que peor me sentou foi a insistencia coa que coa matrícula se entregaba información oral sobre a posibilidade de exención en lingua  galega. Nos casos tamén a galegofalantes, como o duns pais que dicían nun precioso galego seseante que me admirou e encheu por dentro. O pai mesmotivo que insistirlle en que o fillo ( ou filla, tiñan dous) falaba galego, creo que molesto con tanta insistencia na "posibilidade da exención". Vai, desde aquí e así, a miñ a solidariedade. Con eses pais dese galego seseante, sonoro, salgado e melífluo, verdadeiro. E cos  fillos. Ser galegofalante neste ambiente hostil é de heroes.

4)-Instituto XXXXXXXX, bos días, dígame?

-

-No

Chuzame! chúzame -

de comparativas recentes

Posted: xoves, setembro 4th, 2008 @ 11:07 am in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 5 Comments »

Vén sendo que nos últimos días veño de establecer comparacións, por dúas veces, entre dúas novelas editadas en colección para adultos e outras dúas editadas en colección para moz@s. Entre Rinocerontes e Quimeras e A vida nova de Madame Bovary, e tamén entre Veleno tinto e Festina lente.

Comprendo a existencia dos (mal)chamados nichos literarios. E máis, inclusive me parece que a edición galega diversifica pouco os discursos narrativos. E na mesma colección podes atopar case de todo. Porén non queda outra que recoñecer que a narrativa soubo diversificar mellor os seus imaxinarios (en toda a amplitude posíbel do termo, non só me refiro aos temáticos) que a industria editorial a faciana dos produtos narrativos que ofrece ao mercado. Eis unha eiva do noso sistema literario -si, sistema, quero chamarlle así desde o momento en que comprende actividades diversas orientadas en forma sinérxica.

Un outro aspecto, a concepción da obra. Que é de suma importancia. Pois velaí a posíbel distorsión de poder atopamos discursos concebidos para mozos que se publican en coleccións para adultos, e ao revés.

Crer, só creo nunha única literatura, independentemente de para quen fora concebida. Sei que hai quen despreza a literatura para moz@s, como algo fácil, contar unha historia sen complicacións. E sei tamén que para moitos lectores ( e non só lectores) na historia radican precisamente os valores que fan "literaria" unha sucesión de palabras.

No Nin che conto ( de próxima aparición) comento unha experiencia do profesor Luís Barrera Linares, que lles ofreceu aos alumnos textos sen mencionar o autor, poñendo á luz dese xeito a cuestión do que é literario ou non.

Por moito que sexan novelas moi distintas, presumibelmente desde a mesma concepción, e por moito que o concepto de "literario" sexa unha convención evolutiva no tempo, por riba de todo iso está a, para min, certeza de que ningún escritor debe renunciar ás máis altas cotas de literariedade cando se pon a escribir algo, independentemente de que naza nun determinado "nicho", a confinen outros nel (véxase o acontecido con Jules Verne, Swift, Defoe...) ou mesmoo sexa inadscribíbel a ningún. A literatura é grande.

Chuzame! chúzame -