ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

que é a poesía?

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA — 26 Setembro 2008 @ 10:47 a.m.

No remol do que estamos vivindo a redor do caso de Eduardo Estévez e o González Garcés

(onde a unanimidade é absoluta)

No remol das miñas propias inquedanzas verbo da letra escrita

Para unha definición de poesía

2 Comments

  1. tío Pepin:

    A unanimidade sempre é absoluta se se obvian as discrepancias.
    Paréceme excesivo afirmar eso, sobre todo dando por descontado que se así fora non existiría polémica, e existir existe.

  2. xmeyre:

    Non sei, tío Pepín, as discrepancias á que van referidas. Se é ao asunto Estévez-González Garcés, eu, polo que lin, a unanimidade defendendo a Estévez paréceme que foi absoluta. Con diferentes matizacións e desde diferentes puntos de vista, non lin outra cousa, ignoro se tivo ocasión de producirse.
    Tamén pode refirse á narración de O muiñeiro do tempo. En todo caso, o que di, quixéra qu eme permitise complementalo. Certamente non existen nin verdades nin discrepancias absolutas. As verdades e as discrepancias, en si, non se opoñen, nin existen senón como manifestación de puntos de vista que parten de diferente ubicación, con diferentes intereses. O cal non é, de por si, negativo, sempre e cando a finalidade sexa común. Por tal propuxen a lectura do texto do Muiñeiro, porque na definición non parte de intereses textuais, teóricos etecé senón (e á vez) íntimos e comprensivos do labor (humilde,calado anónimo, mesmo analfabeto)dos semellantes na historia: paréceme un punto de partida moi a ter en conta para a esfera literaria, que pretende a comunicación cos demais e elaborou un corpus doctrinario-teórico que non se esmera nisto precisamente.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.