ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Outubro, 2008

clubs de lectura, certas perversións administrativas

Posted: Venres, Outubro 31st, 2008 @ 6:23 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en clubs de lectura, certas perversións administrativas

Vén de saír a convocatoria. O cal non invalida a crítica que nos mereceu semellante tardanza, inxustificábel, inadmisíbel (por riba, as axudas son para este ano académico, enteiro, mais o primeiro trimestre case se perdeu, entre que non hai financiamento e que a xente vai ter que poñerse a elaborar os proxectos e xa logo […]

castañazo 2008

Posted: Venres, Outubro 31st, 2008 @ 11:10 a.m. in MÚSICA | Comentarios desactivados en castañazo 2008

mañá. que non falte ninguén, a partir das 21:00, no mercado gandeiro, castañazo rock 2008. houbo trocos, polo que vexo. xa non van estar os XEROCK. no seu lugar, bastards on parade. non me prace, NADIÑA, ese troco. soan ben os bastards, pero non son música galega, por moito que non agachen, polo menos nalgún […]

espaha ataca

Posted: Venres, Outubro 31st, 2008 @ 11:09 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en espaha ataca

si, a delegación do governo ten moito que explicar, non dubido que é quen anda detrás da enxurrada naziespañola. terrorismo de uniforme, kaleborroka (kaleaboka) ao servizo da una grande y libre capital madrí no imperio español non se pon o sol

Os nomes do traidor (2)

Posted: Xoves, Outubro 30th, 2008 @ 5:35 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Os nomes do traidor (2)

Experimentar como a novela, o mundo da novela, se vai adonando da vontade do lector. Experimentar como a novela, o mundo da novela, te atrae deica instalarse en ti. É moi de agradecer. Hai ocasións nas que iso se acada pola cantidade. Nunha novela longa, se non a desbotas por esta ou outra razón, a […]

Anxo Rey Ballesteros

Posted: Xoves, Outubro 30th, 2008 @ 11:56 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en Anxo Rey Ballesteros

Finou, no ano cruel de 2008. Demasiado cruel. Unha mente lúcida e brillante, viviu a vida, sentiremos a súa perda como un oco se ausencias icurábel. Malia todo, contentos dos espazos e experiencias que compartimos ( e das palabras que nos regalou) Desde o remate de NON SEI CANDO NOS VEREMOS: “E despídome. Pero non […]

clubs de lectura

Posted: Xoves, Outubro 30th, 2008 @ 11:30 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en clubs de lectura

No xuño pasado, nas I Xornadas dos Clubs de Lectura, quedou ben claro que Galiza se converteu, da noite para a mañá, nunha potencia en clubs de lectura escolares, nunha potencia a nivel peninsular. A convocatoria de axudas para a realización destas actividades foi fundamental, iso FUN-DA-MEN-TAL. Democratizou considerabelmente a lectura nos centros de ensino. […]

A choiva do mundo, adianto da crítica

Posted: Mércores, Outubro 29th, 2008 @ 7:26 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en A choiva do mundo, adianto da crítica

que hoxe mesmo envío a A Nosa Terra. Esta vez seleccionei o segundo e terceiro parágrafos Claro que hai diferencia. Entre Homero e Álavaro Cunqueiro, e entre ele e os demais, nomeadamente esta novela de Xosé M. Pacho Blanco. O que, a fin de contas, sinala para a perda de entidade da historia global, é […]

Os nomes do traidor

Posted: Mércores, Outubro 29th, 2008 @ 11:27 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Os nomes do traidor

Mentres sigo debullando nos misterios da aforísctica (é un fuuturíbel, pero tería graza que unha práctica escrituraria tan vella e que non pasa dun recurso rematara sendo o primeiro xénero a indpendizarse da Literatura Esencial que estamos vendo nacer), pois mentres sigo debullando na aforística (aforrística, era Gonzalo Navaza quen o dicía) e relendo O […]

Debullar (2)

Posted: Martes, Outubro 28th, 2008 @ 8:01 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Debullar (2)

Vai outro ramallo de Debullar, petiscos de enxeño e beleza, a beleza da tensión intelectual: “Aí tedes un home público, acaba de pronunciar unha palabra” (27) ………………. “¡Vivir: esa música!” (28) ………………. “¿A ficción como razoamento?” (29) ………………. “A música: esa luz” (29) ………………. “¿Acada-la perfección a través do esquecemento?” (30) ………………. “¿Canto do outro […]

reflexión oracular sobre a aforística

Posted: Martes, Outubro 28th, 2008 @ 11:28 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en reflexión oracular sobre a aforística

Teño dito que a miña memoria é sentimental, lembro os sentimentos que experimento logo de escribir, cunha intensidade e fidelidade que a non poucos estraña. Mesmo Sulema se ten sorpendido (para unha cousa na que eu a sorprendo…) Poñamos un exemplo. Volvamos a Debullar, de Ricardo Martínez-Conde. Escribín recensión para ANT ( e xa choveu […]