ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro, 2008

dúas preguntas, dúas certidumes

Posted: Domingo, Novembro 30th, 2008 @ 12:41 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dúas preguntas, dúas certidumes

As preguntas: Cren vostedes que esta noticia e esta máis non están relacionadas, que unha non axuda a explicar a outra? Como explican vostedes que o partido de Rosa Díez teña máis repercusión mediática na Galiza (non está no parlamento galego nin en ningún concello, e, meigas fóra, nunca en ningún estea) que outro como […]

con Ugio, con Giana: carta aberta a Bugallo e Conde Roa

Posted: Sábado, Novembro 29th, 2008 @ 12:48 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en con Ugio, con Giana: carta aberta a Bugallo e Conde Roa

Non terá nunca o meu prace a violencia, nunca. Mais quen me dera poder estar con eles nesa festa. Porque neles podo confiar. Máxime agora, cando  Conde Roa e Bugallo se esmeran en criminalizar a festa na Nasa antes de que se produza. Tanto esmero é prepotencia. Tanto esmero é ameaza. Tanto esmero preventivo é […]

a crise, polo que vale

Posted: Venres, Novembro 28th, 2008 @ 6:19 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a crise, polo que vale

Tantos miles de millóns para engorgar o  bicho. Para que vostede compre coche novo, para que as industrias automobilísticas sigan producindo. Engordando o bicho. Cada vez que escoito ou leo algo sobre a crise, revólveseme o estómago. Tantos miles de millóns para “rescatar tal banco”, para “nacionalizar” estoutra… Dá pena ver que a única solución […]

O xardín das pedras flotantes, rematei a lectura

Posted: Venres, Novembro 28th, 2008 @ 11:15 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en O xardín das pedras flotantes, rematei a lectura

Hai só unhas horas, pechaba a folla que pon cabo á novela de Manuel Lourenzo González. As que van a seguir son, pois, aínda tinguidas pola emoción. Por exemplo, se digo que as cento e pico follas que me restaban por ler as mandei dun chimpo. Ou se digo que esta novela vana gozar moitos, […]

Outros ollos que te miren

Posted: Xoves, Novembro 27th, 2008 @ 5:43 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en Outros ollos que te miren

Hoxe non é onte. Non se pode seguir explicando a Manuel Antonio ou a Castelao desde os presupostos canónicos establecidos pola literatura tradicional. Nin sequera se deben ler así. A lectura tradicional, a lectura horizontal, sumatorio de causas e consecuencias etcé, é cuestionada en ambos casos. Non podemos afirmar que tanto Castelao como Manuel Antonio […]

A aventura de explicar literatura

Posted: Xoves, Novembro 27th, 2008 @ 11:23 a.m. in CARA ADIANTE, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | 2 Comments »

Cousa curiosa, cando alguén se pon a explicar literatura…non explica literatura, explica historia da literatura. En lugar de reis, heroes etecé, pois escritores. En lugar de batallas, títulos de libros. En lugar de guerras ou contendas, movementos estéticos… O que é literatura…o que é literatura é outra cousa. A arte da escrita nin sequera é […]

Chámate con xeito e o compromiso social

Posted: Mércores, Novembro 26th, 2008 @ 7:27 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en Chámate con xeito e o compromiso social

Non puideron parala,  Chámate con xeito da Área de Normalización Lingüística da UVigo segue avante malia a cambadela (unánime!) do sindicalismo. Porque non sería explicábel que unha campaña da cal a páxina web recibiu máis de 70.000 visitas nun mes ( comparen coa E Logo! da Xunta : 20.000 nun ano). Non sería explicábel tampouco […]

Construccións, adianto da crítica

Posted: Mércores, Novembro 26th, 2008 @ 11:19 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Construccións, adianto da crítica

do poemario de Eduardo Estévez, que hoxe mesmo envío a A Nosa Terra: …digamos que o texto en si de Construccións procura a polémica con decisión, con intensidade. Construccións vive na polémica, non da polémica, e da aguda ( e plausíbel ) estratexia de Positivas dándoo a luz cando aínda permanecen os ecos dos sucesos […]

O xardín das pedras flotantes (2), comentario das incidencias

Posted: Martes, Novembro 25th, 2008 @ 9:15 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Entre o ceo e inferno, dicía na anotación anterior. Segue sendo unha descrición atinada. Que quero comentar. PRIMEIRO. O discurso sitúanos nunha marea de incertezas. A historia, o devir histórico, confire verosemellanza, fainos crer que, malia a fantasía, malia o mundo máxico que agroma aquí e alí, se nos relata unha historia de cariz realista. […]

NNB

Posted: Martes, Novembro 25th, 2008 @ 11:29 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 2 Comments »

Repasando as críticas que fixen entre hoxe e 2006, lembrei aquela proposta de Jaureguizar de falar dunha nova xeración de narradores galegos. A Xeración dos Peixes, lle chamou. Jaureguizar xa fora nome de peso daquela lembrada Narrativa Bravú, o seu Fridom spik segue sendo xoia, dese libros que os que se retoma a lectura e […]