ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

reflexión sobre a LIX, co gallo de Fernández Paz

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA — 2008-11-01 @ 1.57 p.m.

Cando coñecín o Premio Nacional a Agustín Fernández Paz, foi tamén unha chamada á reflexión, de urxencia. Hoxe, mentres me preparo para o CASTAÑAZO e fóra debulla auga un ceo grisallo (non se preocupar, no CASTAÑAZO nunca chove nin vai frío, peor o van pasar no magosto da Alameda, á 20:00, pero o que cómpre non faltará: ganas d edivertirse). Pois visto iso, dou un paseo polo blogomillo. No paseo atopo o «final de seu» de lándoa, pésame como unha lousa, era obrigada bitácora de referencia. E atopo este escrito de Jaureguizar (porque as ligazón a Brétemas e a Cabaret Voltaire sempre me están rotas e non as dou amañado?). Eu quería fuxir do triunfalismo e iso deíxame no corpo unha sensación de desacougo. Así que vou poñerme a clareo.

PRIMEIRO. Chamo a atención ao primeiro parágrafo. A hipocrisía do medios de comunicaicón galegos…NON, A HOSTILIDADE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DA GALIZA ESCRITOS EN CASTELÁN é SOLEMNE e INDISIMULÁBEL, como o silendio do PP (eu non oín/lin nada, e aínda menos do premio a Beramendi) é vergonzoso.

PRIMEIRO E MEDIO. Curioso e significativo. Nese, criticado na anotación anterior, «meterial elaborado» por unha biblioteca, debían vir todas as obras de Fernández Paz, con especial atención ás versións castelás, menos  a obra premiada. Xa cómpre incomptencia!!!!!!!!!!

SEGUNDO. Concordo co espírito do texto de Jaureguizar. Faise LIX da moita calidade na Galiza. E os autores son candidadtos ao esquezo, heroes para un público que semella asisitir a outra representación.

TERCEIRO. O prexuízo de ler, para os adultos, LIX é unha das cousas máis estúpidas deste mundo. Os adultos deberían estar interesadísimos no que len os  seus fillos. Inclusive serían máis felices. Cómpre desfacer ese prexuízo, canto antes. Tamén curioso, moitos dos prexuizados contra a LIX, aínda miran as novelas de Estefania, Keith Luger, Lou Carrigan ou Corín Tellado de reollo e de boa gana se poñerían a lelas. A LIX resulta bastante máis rica e de meirande calidade.

CUARTO. Isto non quere dicir que toda a LIX galega sexa estupenda ou teña unha extraordinaria calidade, non.

QUINTO. Tampouco quere dicir que sexa a literatura por excelencia. Nin moito menos. Frecuentemente ignóranse algunhas achegas imprescindíbeis para o éxito desta fórmula: personaxes claramente deseñados; tramas claras e moi preferibelmente para lector pasivo; ritmo expresivo e comprensivo acompasados, preferibelmente de capítulos curtos. Saliento o relativo ás tramas, cómpre habilidade e sensibilidade na súa selección e tamén na dimensión en que atinxe ao lector. Lembro a valentía de Marilar Aleixandre en Rúa Carbón, por exemplo…

Evidentemente, a literatura (ou narrativa) ten un paraugas de dimensións máis grandes.

Fago de menos que na LIX se vaian acomodando ás novas formas narrativas para o XXI ( é dicir aproxiamdamente, explotar as fórmulas relativas ao hipertexto, á Literatura Mínima).  Concretamente, menos na Infantil e máis na Xuvenil, desde as Minimaladas sobre todo. Tampouco na LIX castelá andan sobrados. Adiantarnos, velaí a oportunidade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp