ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro 10th, 2008

Un casoiro ben mañ amañado (2)

Posted: Luns, Novembro 10th, 2008 @ 6:55 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Un casoiro ben mañ amañado (2)

A segunda localización da trama, na India, trae consigo a aparición de personaxes novas. Alén dunha familia de Manjit, como en xeral todas no Punjab, moi numerosa e con relacións arrevesadas, personaxes que teñan incidencia na trama, poucas hai. O DRAMATIS PERSONAE pouco debemos incrementalo. -Jas, cuñada de Manjit, é persoa vólvese a persoa máis […]

Cara a Camilo Gonsar

Posted: Luns, Novembro 10th, 2008 @ 2:53 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en Cara a Camilo Gonsar

Infortunado outono, que non chegas a inverno e tolles as letras galegas co frío máis frío da gadaña. Non se lembra outro igual. Constantino García, Rubén García, Anxo Rey Ballesteros, Ramiro Fonte. Agora Camilo Gonsar. A noticia abálame, tórceme o tempo e as vontades. Sentei decidido a escribir sobre o Código poético, de María N. […]