ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro 14th, 2008

atado

Posted: Venres, Novembro 14th, 2008 @ 6:12 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en atado

polas cinxuduras da roupa polo frío desta tarde de sol pola mañá anódina que non fica atrás esa mañá neboeta e gris sen respotas (a que categoría asignarei esta anotación) atado querería escribir e non sei de que calquera tema me reverte ao título e o tempo pasa tempo de carencias e ataduras estou atado […]

e máis, sobre unha nova historia da literatura

Posted: Venres, Novembro 14th, 2008 @ 11:15 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en e máis, sobre unha nova historia da literatura

Direi, primeiramente, que esta anotación nace a no ronsel da reflexión que Lándoas fixo chegar a esta Ferradura á primeira anotación que escribín. Xa o feito de que esteamos a falar do tema é algo a valorar moi positivamente. Que sexamos un sistema cultural minorizado, asoballado, oprimido, ten os seus condicionantes, vaia se os ten, […]