ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro 25th, 2008

O xardín das pedras flotantes (2), comentario das incidencias

Posted: Martes, Novembro 25th, 2008 @ 9:15 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Entre o ceo e inferno, dicía na anotación anterior. Segue sendo unha descrición atinada. Que quero comentar. PRIMEIRO. O discurso sitúanos nunha marea de incertezas. A historia, o devir histórico, confire verosemellanza, fainos crer que, malia a fantasía, malia o mundo máxico que agroma aquí e alí, se nos relata unha historia de cariz realista. […]

NNB

Posted: Martes, Novembro 25th, 2008 @ 11:29 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 2 Comments »

Repasando as críticas que fixen entre hoxe e 2006, lembrei aquela proposta de Jaureguizar de falar dunha nova xeración de narradores galegos. A Xeración dos Peixes, lle chamou. Jaureguizar xa fora nome de peso daquela lembrada Narrativa Bravú, o seu Fridom spik segue sendo xoia, dese libros que os que se retoma a lectura e […]