ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

O xardín das pedras flotantes (2), comentario das incidencias

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 25 Novembro 2008 @ 9:15 p.m.

Entre o ceo e inferno, dicía na anotación anterior. Segue sendo unha descrición atinada. Que quero comentar.

PRIMEIRO. O discurso sitúanos nunha marea de incertezas. A historia, o devir histórico, confire verosemellanza, fainos crer que, malia a fantasía, malia o mundo máxico que agroma aquí e alí, se nos relata unha historia de cariz realista.

Nese realismo da historia, o mundo máxico, fantástico, non desaparece nunca e volve reaparecer cada vez con meirande forza. Ultapasei xa, decididamente, a metade, quédanme catro partes por ler, segundo o índice, que o índice é ourtra “incidencia”, por certo.

SEGUNDO. Así as cousas, como interpretamos que un cativo  dos anos 80 do pasado século ande en zocos? Non se fai doado de aceptar, nin na Galiza máis profunda e meiga. Eu cheguei a levalos, a 30 quilómetros máis ou menos de onde se sitúa a acción, pero case vinte anos antes e de xeito case anecdótico, porque tiña un tío-avó zoqueiro e se empeñou…

Fornos, na década en que xorden as “boutiques” do pan, que levan o pan polas aldeas en coches e mulas? Se o lugar era “tan atrasado” non canxa moi ben tanta “modernidade”. Nos 80 eu non lembro, polo menos na primeira metade da década, cousa tal, aínda que os fornos de Rodeiro deberon ser dos primeiros na recuperación da venda ambulatoria…??

Filmes de Tarzán os domingos, en sesión de cinema familiar?? Lembro outras series, a de Tarzán, desde logo, ben antes dos 80

Paxaros “encerrados en gaiolas para que sexan perigosos” (131, capítulos antes xustificábase esa situación para protexelos)???

“…iríalle llevar” (145); “…iríame bien” (264); “…ca a vontade” (159); falan de moi pouco coidado nunha edición de boa presentación (tapa dura, lectura doada..)

E logo están os deasuxtes do índice. “Lousa”, esa parte medianeira, non vai desde o capítulo 53 ao 61, senón desde o 54 ao 62. Visto isto e isto, resulta doado interpretar que na versión orixinal o índice era outro porque o que aí se le agora vén na cuarta parte…

TERCEIRO. Unha definición provisional froito da comparanza, entre A Divina ComediaRomeo e Xulieta ( ou Tristán e Isolda ), mesturen habilmente.

1 comentario

  1. «O xardín das pedras flotantes» « Xerais blog:

    […] Manuel Eyré publica duás entregas da crónica da crítica que está preparando. Adiantamos un parágrafo da […]

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.