ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Outros ollos que te miren

Hoxe non é onte.

Non se pode seguir explicando a Manuel Antonio ou a Castelao desde os presupostos canónicos establecidos pola literatura tradicional. Nin sequera se deben ler así. A lectura tradicional, a lectura horizontal, sumatorio de causas e consecuencias etcé, é cuestionada en ambos casos. Non podemos afirmar que tanto Castelao como Manuel Antonio foran plenamente conscientes de que o que escribían pedía unha nova forma de ler. Completamente non. Mais que si o intuíron semella moi claro, polo menos no caso de Castelao e a desmecanización da lectura tradicional que supón a intervención plástica que acompaña as cousas. No caso de Manuel Antonio, o coñecemento dos movementos de vangarda apunta cara aí, malia que eses mesmos movementos de vangarda (sobre todo o dadaísmo, o creaccionismo, o subrealismo) tampouco eran conscientes das implicacións que supoñía a súa escrita.

En todo caso, tanto un como o outro, un na prosa e outro na poesía, boatan man, naqueles anos 20, de algo que no remate do  século, moi no remate, será definido como hipertexto. O hipertexto, miren vostedes, tampouco é nada novo, nada distinto da evocación ou da epifanía. En canto a proceso. Mais si, radicalmente si, á hora de considerar texto o evocado, texto en comunicación, en interrelación.

Din, que o hipertexto será, ou xa é, o recurso literario do futuro, deste século XXI. Xa o mesmo Umberto Italo Calvino o prognosticaba ( Seis propostas para o novo milenio). Non ten discusión

Admitido isto, teremos que mirar logo, quen con Castelao e Manuel Antonio foi precursor no emprego de técnicas narrativas do século XXI. E deixar de  consideralos excepcións, xenialidades… de dicir que a súa personalidade era tan forte que lles impediu crear escola. Non era o momento.

Castelao e Manuel Antonio non van ser os primeiriños, non, pero están entre eles a súa estratexia narrativa ( ou poética) é moi vangardistas. Marcel Schwob, Kafka, Julio Torri ( e menos Borges, Joyce, Faulkner…) Pero nin sequera iso ten moita importancia hoxe e agora. Todo o século XX é descomposición da literatura tradicional e reordenación e prefiguración de novos valores e concepcións. É dicir, que Castelao e Manuel Antonio publicaran despois de Schwob ou Torri, non quere dicir nada. A Torri non o coñecía, seguro, e a Schwob dubídoo. De todas maneiras que? Son anteriores a Cortázar, a Monterroso…e a tantos outros…cos que conforman a fronte desde a que se vai introducindo a literatura do futuro ( Arreola ; Wilde, Frederic Brown, Benedetti, Calvino, Cunqueiro, Dieste, Aub, e  inclusive Huidobro, Amado Nervo, Bailey Aldrich, Denevi, Evandro Afonso Ferreira… e paro, que non os vou poder poñer a todos, empeñarse en establecer antecedentes precedentes e esas cousas é inútil, todos eles tiveron unha intuición, creron nela e seguírona, pero todos eles escribiron sen a cobertura dun marco teórico que os amparara e con escaso coñecemento entre eles

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.