ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a crise, polo que vale

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Novembro 2008 @ 6:19 p.m.

Tantos miles de millóns para engorgar o  bicho. Para que vostede compre coche novo, para que as industrias automobilísticas sigan producindo. Engordando o bicho.

Cada vez que escoito ou leo algo sobre a crise, revólveseme o estómago.

Tantos miles de millóns para “rescatar tal banco”, para “nacionalizar” estoutra…

Dá pena ver que a única solución que se lle ocorre ao capitalismo (inclusive ao socialismo capitalista) son parvadas desas. Que ademais, os medios de comunicación nos venden como a única saída á crise.

Porén, a crise, esta crise, vai para alén do aspecto económico, vai…

Como non vai estra en crise unha sociedade na que as mecadorías teñen uns prezos irreais e abusivos. Canto custa un coche?, canto custan os materiais imprescindíbeis para facelo?, canto lle custa a vostede? Unha sociedade onde das cousas non se compran por necesidade senón que se crea a necesidade de compralas aínda que resulten supérfluas?

Vamos a ver, en lugar de gastar cartos e continuar engordando  o  bicho, facendo pasar artículos de luxo por artículos de primeira necesidade, non sería mellor gastalos en construír carrís bici, en crear unha nova cultura da comunicación, saudábel, sostíbel, económica, eficaz e  moito máis libre?

Vamos a ver, en lugar de seguir gastando cartos e continuar engordando o bicho, alimentando artificialmente un mercado que afoga por forza de causas naturais ( fin da era petróleo, fin da era consumista, fin da era bancaria) ante a realidade de que as cousas só son o que son e serven para o que serven ( non como marcadores de status, non como fonte de necesidade e insatisfaccións, de plusvalías alienantes…), pois en lugar de todo iso non sería máis lóxico, en lugar de reprimilo, fomentar o comercio e xusto e a cultura do troco: eu teño mazás e necesito laranxas, se vostede ten laranxas e necesita mazás pois xa sabe…xa me entenden

Outra cousa é ese “plus de aguante” que ten Galiza, Galiza e Somalia, Etiopía etecé etecé… a crise é menor onde o sistema consumista aínda non deu fincado trabada a fondo, claro. Pero é que ese plus de aguante, señotingos de casino, ese plus de aguante de onde sae? Das aldeas. Do cultivo da terra. A crise seríanos moito menor sen a destrución masiva coa que o PP en Santiago e PSOE e PP en Madrid e a UE desde Bruxelas con asentimento de ambos, non nos destruíran o sistema social herdado, con base no agro e no mar, un sistema natural…E, sobre todo, se non nos marearan a cabeza con iso de que só nas urbes se pode ser feliz, de que a calidade de vida é directamente proporcional á cantidade de asfalto-cemento que vista a o teu existir…Se non renunciaran ( renunciar é moi doado, e de covardes ) a mellorar as condicións de vida no agro e no mar porque para eles as únicas condicións de vida son as das cidades.

Curiosamente, a única medida razoábel, escoiteilla hoxe a Suárez Canal, crear un selo de calidade-garantía (falo de oídas, mentres conducía) que ampare os excedentes do agro,  domésticos da economía do “minifundio”,

(xa verán. xa verán como a crise se ceba en Andalucía, en Andalucía e alí onde a xente non teña terra aínda que só sexa para unha hortiña…e seguirannos alcumando de minifundistas??)

diante disto, lenbro cando os meus pais me mandaban coa caldeireta polo leite, aquel leite tiña un prezo xusto, non había intermediarios, non existía custoso procedemento de envasado, nin co prezo do leite pagaba as bolsas nas que a caixeira me mete todo;

e o mesmo pasaba coas nabizas, coas patacas, coa fariña, cos ovos, co queixo…

hai pouco máis dun ano, un curmán meu contoume:

-déronnos a probar tres catas, a ver cal era a que mellor nos baixaba…Escollemos e, queres saber que a botella na que van envasar ese licor (non direi cal é) é tres veces máis cara que o que leva dentro? Pagar polo que se tira…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.