ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

con Ugio, con Giana: carta aberta a Bugallo e Conde Roa

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Novembro 2008 @ 12:48 p.m.

Non terá nunca o meu prace a violencia, nunca.

Mais quen me dera poder estar con eles nesa festa.

Porque neles podo confiar. Máxime agora, cando  Conde Roa e Bugallo se esmeran en criminalizar a festa na Nasa antes de que se produza. Tanto esmero é prepotencia. Tanto esmero é ameaza. Tanto esmero preventivo é antidemocrático. O retroceso en canto a liberdades individuais que se pretende, que se aplica xa, é monstrouoso. Vén supoñer, na práctica, unha volta ao franquismo, señoes Conde Roa e Bugallo, unha volata a aqueles tempos nos cales calquera evento devería estar aprobado e consentido pola Delegación do Goberno. E vostedes, están recuando aos niveis de censores baratos, censores reprimidos.

Iso son vostedes, e non adaís da liberdade, nin moito menos.

Saben aquilo de “non lle poñades chata á cousa antres de…”, que van saber!!!!

Por non falar da liberdade de expresión. Eu non son violento. Odio visceralmente esa demostración de animalidade que é a violencia. Pero defendo, aínda que non me guste, que haxa quen apela á violencia no seu discurso, defendo que poida emitir ese discurso como exercicio de democracia.

Apoloxía do terrorismo, estarei icorrendo eu en apoloxía do terrorismo? Non me preocupa, fago o que me dita a razón, loito por iso.

Nos tempos crús da ditadura, tamén había que andar sobre la á hora de acudir ao sepelio dalgún parente ou amigo, aínda que non fora das nosas ideas era un parente, era un amigo, era alguén a quen estimabamos por riba das opción spolíticas, desda a opción humana. Vergonzoso que xa nin se lle poida amosar cariño a un morto, como nos tempos da ditadura de Franco con calquera sospeitoso de non afecto. Está pasando en Euskadi.

Lembro o caso do Piloto, derradeiro guerrilleiro antifascista abatido, covardemente abatido e despois, sen posibilidade de xuízo, condenado, polo que fixera e seguramente polo que nunca fixera. Secretamente, pola noite, os seus restos foron transladados a outra campa; o medo a que a súa morada definitiva fora profanada por rabiosos e descerebrados secuaces de Franco, ansisos, coma vostedes, de distinción.

Máis aínda, preocúpame a Sala Nasa, ese milagre alternativo, libre, un milagre cultural de primeira. Preocúpame que queiran envolvela co mesmo trapo cheo de mucosidades nostálxicas.

Ah, señores Bugallo e Conde Roa, se observaran a mesma dilixencia criminalizando o autobús do odio, o autobús de GB!!!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.