ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

dúas preguntas, dúas certidumes

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 30 Novembro 2008 @ 12:41 p.m.

As preguntas:

Cren vostedes que esta noticia e esta máis non están relacionadas, que unha non axuda a explicar a outra?

Como explican vostedes que o partido de Rosa Díez teña máis repercusión mediática na Galiza (non está no parlamento galego nin en ningún concello, e, meigas fóra, nunca en ningún estea) que outro como Izquierda/Esquerda Unida que si está nalgún concello ben importante e a nivel estatal é moitísimo máis importante que UPyD?

As certidumes:

En calquera momento, con tanta febre franquista roldando o seu sangue rancio, sangue-vontade nazi de establecer o que é moral e permisíbel e o que non, en calquera momento e como teñan oportunidade van empezar a prohibir eventos como este, de feito pretenden crearnos a conciencia de que estamos prohibidos e non lles custa demasiado traballo.

Rosa Díez é unha amargada, gustaríalle ser Rosa Diez, pero e rosa distinguímola pola inmensa capacidade de inducir pracer visual, olfactivo…e  esa vella só sabe espiñar para que se fixen nela

Sorpresivamente, eu quería estar onte en Ourense. Non fun. Tiña inclusive outros asuntos que atender, colaterais. Porén, a prudencia aconselloume ficar na casa. Coñecín a Marcos Valcárcel, debe haber arredor dunha ducia de anos, nunha homenaxe que lle rendemos ao Piloto (como rabiaría a velenosa RD). Poucos ilustrados deben ficar do talle de Marcos Valcárcel, home de fondos intereses en Literatura, en Historia, en todo o que teña que ver coa cultura. Home de talante conciliador, humilde e culto, posuidor dunha enorme cultura que comparte con humildade, fervor, e convicción nos valores da comunicación, e espírito colaborador.

Marcos é unha personaxe irrepetíbel que Ourense ten que aprender a volorar e gozar en plenitude.

Desde este recanto central da Ribeira Sacra, na solaina inverviza deste outono, ergo a miña copa por ti, irmán, por unha eternidade de marcosvalcárcel.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.