ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro, 2008

Gilka Machado

Posted: Luns, Novembro 24th, 2008 @ 6:52 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en Gilka Machado

Tida como a meirande poeta do Brasil. Que muller e que poeta e que pouco coñecida!!! Esta activa e convencida reivindicadora do sexo feminino, da sensualidade, da sexualidade. Unha salientábel poeta simbolista que deu en ser todo un símbolo para todo un país. Unha constante poética provocadora. Excitante e balsámica. Untura verbal que estremece e […]

O xardín das pedras flotantes (1)

Posted: Luns, Novembro 24th, 2008 @ 12:17 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Levo lidos 40 capítulos, dos 96 que ten a novela, 96 e un epílogo. De momento, a novela de Manuel Lourenzo González, doulles un consello, polo menos a primeira parte farán ben en lela cun lapis e un papel a man. É un consello moi a ter en conta, asegúrollelo. Conta moitas historias, moitas historias […]

(sen título)

Posted: Domingo, Novembro 23rd, 2008 @ 12:12 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en (sen título)

Tamén hai textos que aborrecen os títulos. Textos aos que sería un asasinato poñerlles título. O título non é un ornato obrigado. Como este, e perdoen a inmodestia. Só un título lle faría xustiza. Porén, como lles adiantei na anotación anterior (non, non apareceu o botón, pero a lembranza non desaparece), nunca coñecín o nome […]

25 anos dun suicidio

Posted: Sábado, Novembro 22nd, 2008 @ 11:56 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en 25 anos dun suicidio

Segundo se entraba, na aula número 13, alí sentaba eu, pé da columna, a carón de Vitoria, case sempre. Ás veces víaa chegar a ela e fixábame. Eu paraba xa alí, mais ela continuaba, por algunha das filas inmediatamente anteriores, e sentaba no lugar oposto, preto das ventás. Cabelo escuro e longo, fraca, de pel […]

ler, ler, libros

Posted: Venres, Novembro 21st, 2008 @ 5:54 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en ler, ler, libros

A lectura non é unha área máis, é a peza fundamental para aprender o resto das asginaturas», palabras de Fernando Reimers, catedrático da Universidade de Harvard, que recolle Brétemas. Tal como comenta folerpa, son moitos máis dos que parece, os profesores que presentan obxeccións ao plan lector. Certo. Tamén hai que dicir que o Plan […]

heroes desprotexidos

Posted: Venres, Novembro 21st, 2008 @ 11:15 a.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en heroes desprotexidos

anda por aí o bus dos bilingües, o bus da hipocrisía absoluta, recolectando asinaturas de incautos desde pretendidas pretensións inocuas de igualdade para as dúas linguas ( que os galegofalantes, e destes os conscientes, sabemos que non existe, que o castelán é o neno mimado polas leis) que en realidade agachan un odio feroz polo […]

Construccións (3)

Posted: Xoves, Novembro 20th, 2008 @ 5:32 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Construccións (3)

No caderno da crítica, o primeiro que se le: Nova Narrativa Galega, Ferrín (As personaxes, a súa condición osn o nexo de unión, e a óptica fría, desapaixonada). En segundo lugar, un índice alternativo de títulos, serían: -soidade total -certeza absoluta -vea todos os días, á esperanza -viaxando xuntos en vidas distintas -conversa trivial non […]

función orgánica da literatura (2)

Posted: Xoves, Novembro 20th, 2008 @ 11:33 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en función orgánica da literatura (2)

O estraño caso do trapecista violeta. O estraño caso do cadro  morto. O estraño caso da voda da vella curiosa A muller que non quixo escribir a Biblia. A muller que matou os peixes de colores. Cristais, cristais partidos. … Cantos títulos coñeces, de libros que nunca por ti foron lidos? Velaí a primeira débeda […]

Construccións (2)

Posted: Mércores, Novembro 19th, 2008 @ 8:15 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 4 Comments »

Inmediata e inexcusábel, nada máis comezar a lectura do poemario de Eduardo Estévez, xorde a pregunta: é isto poesía? merquei unha parella de canarios para facer menos desolada a orde da casa morreron aos tres días de virus ou tristura non tiñan aínda nome É o primeiro poema, dos vinte que son. Haberá, inclusive entre […]

función orgánica da literatura

Posted: Mércores, Novembro 19th, 2008 @ 12:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Con función orgánica refírome a aquela propia do organismo humano. Vou falar de funcións do organismo humano desde a perspectiva dun lector adicto, con xustiños coñecementos de bioloxía, de bioloxía e química…eses mundos que semellan tan afastados da literatura e non o están tanto, como tampouco as matemáticas nin ningunha arte combinatoria. Así que a […]