ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2008

Brinde

Posted: Mércores, Decembro 31st, 2008 @ 1:06 p.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en Brinde

Hoxe morre a vella, 2008, número redondo, rotundo. Foi un ano ventureiro na literatura. Moi movido, con escándalos tipo González Garcés inclusive e un verán frío. Para min, un ano un tanto especial. Un 17 de novembro de 1988 vía a luz a miña primeira crítica en A Nosa Terra. 20 anos. Asusta un pouco […]

Israel, Cuarto Reich

Posted: Martes, Decembro 30th, 2008 @ 12:30 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Israel, Cuarto Reich

Sentei aquí, na biblioteca, diante da pantalla e o teclado. Tiña intención de escribir sobre a Historia universal de Paniceiros, meter subliñados correspondentes. Neste caso con moito interese, por demostrar-desmontar a visión enxebrista. Fareino. Tamén podía, sen que teña menos interese, comentar as últimas revelacións de Borrazás, con algunhas estou de acordo, outras dinme que […]

Historia universal de Paniceiros

Posted: Luns, Decembro 29th, 2008 @ 12:32 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Historia universal de Paniceiros

Foron pasando os días, levo pola metade a Historia universal de Paniceiros. Deixeino antonte, mentres progresaba con Borrazás. Hoxe, retomei a Xuan Bello. É como retomar a pura esencia da literatura. Por certo, que a historia de Borrazás me foi interesando máis segundo fun lendo, debo levar arredor dun terzo da novela. Por un lado […]

e “la roja” chupou tres

Posted: Domingo, Decembro 28th, 2008 @ 1:26 p.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en e “la roja” chupou tres

que puideron ser máis, polo menos outros tantos, que oportunidades houbo. “la roja” non quixeron ser os de Chile, algo malo ventaría algún chamán. E viñeron os de Irán, escadara campioa de Asia, cos subalternos, tamén, alá eles, así lles foi. a de Irán deixou, para min, unha pobre, bastante pobre imaxe, orde e pouco […]

vai o ghol, aghora vai o ghol

Posted: Sábado, Decembro 27th, 2008 @ 12:26 p.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en vai o ghol, aghora vai o ghol

Toca. Cantar e soñar. Nin frío de Balaídos, que era eh… Nin a nula cortesía dos do Camerún. Nin a fame, que xa empezaba a bulir…Nada puido co peito fervendo da Irmandiña e dos seareiros galegos, nada puido con nós, meus. E mañá toca igual. Ningún día destas festas policromadas de mercadotecnia tan tanta calor […]

Conexión Tubinga, adianto da crítica

Posted: Venres, Decembro 26th, 2008 @ 12:27 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Conexión Tubinga, adianto da crítica

da novela de Alberto Canal que este mércores enviei a A Nosa Terra. Son o primeiro e terceiro parágrafos: INTRIGA NO SEMINARIO Título: Conexión Tubinga Autor: Alberto Canal Editorial: Xerais. A estrea de novo século trouxo tamén, de ganchete calado, un agromar de títulos que teñen que ver directamente coa figura de Xesús Cristo e […]

2+1

Posted: Xoves, Decembro 25th, 2008 @ 12:44 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en 2+1

Pois iso, que, como non me decidía procedo por adicción. É dicir, estou lendo á vez o de Borrazás, e a Historia universal de Paniceiros. A secuenci é así. Comecei con Borrazás e non puiden resistir a tentación de encetar o de Xuan Bello. Da novela de Borrazás aínda non levo moito lido, da cosmohistoria […]

merricrismando

Posted: Mércores, Decembro 24th, 2008 @ 12:08 p.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en merricrismando

Hai tanta farsa arredor de data como o a de hoxe. Hai tanta prepotencia, tanta arrogancia. In-Útil-mente (Curiosamente, a quen mellor lle vai con Cristo, aquel pobre fillo de carpinteiro, é ao capitalismo…) Que a vinganza vos sexa propicia sería a máis sincera felicitación dun cristián, dun monoteísta calquera, de calquera relixioso Pois iso é […]

que vou ler esta semana?

Posted: Martes, Decembro 23rd, 2008 @ 12:33 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en que vou ler esta semana?

Levo dous días dándolle voltas. A elección da novela de Alberto Canal, Conexión Tubinga, foi acertada, mais non tivo a suficiente forza como para sacarme do pozo no que aquel “feo detalle” me arroxou. Do “feo detalle”, agora sei que fomos dous os afectados. Ofrecéronseme desculpas e eu acepteinas. O que pasa con estas cousas […]

Conexión Tubinga (III)

Posted: Luns, Decembro 22nd, 2008 @ 11:52 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Conexión Tubinga (III)

O ritual das vísceras deberá servir para afastar do pecador calquera sensación que lle evoque a beleza do feminino. O ritual desenvolverase ao longo dun novenario e durante eses días o pecador deberá durmir nun catre cheo de vísceras, sangue e excrementos co fin de familiarizarse con esa parte da natureza que tamén é inherente […]