ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xaneiro, 2009

lectura do StatPress

Posted: Sábado, Xaneiro 31st, 2009 @ 11:10 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en lectura do StatPress

debe de ser desde o 17 deste mes xaneiro. É esta: Visitors: 300 Pageviews: 2011 Spiders: 423 Feeds:722 target do mes:8400 pageviews:56392 spiders:11844 feeds:20244 (se cadra algún día saberei que facer con estes datos)

de novelas de escritores

Posted: Sábado, Xaneiro 31st, 2009 @ 1:57 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en de novelas de escritores

Recentemente lemos dúas novelas ficcionadas arredor da vida e obra dun escritor, Shakespeare, a de Jaureguizar e a de Constela Doce. Non  é por seguir coa xeira que a miña elección de lectura para a semana é O violinista de Malá Strana, débese a cuestións relativas á xestión do tempo, ao que agardo poder ler […]

ollos e palabras

Posted: Venres, Xaneiro 30th, 2009 @ 7:31 p.m. in sétima arte | Comentarios desactivados en ollos e palabras

Hai días nos que tardas en espertar. Andas erguido, mais os músculos como enlentecidos e poucas ganas de pensar, case cousa che excita as neuronas. Hoxe comezou así. A mañá paseina nun cinema, vendo Pradolongo con algúns alumnos meus e outros doutro centro. Gustoume máis desta vez. Non é un filme que pase á historia […]

os meus mellores contos moi breves do mundo

Posted: Venres, Xaneiro 30th, 2009 @ 11:29 a.m. in CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en os meus mellores contos moi breves do mundo

Un pan ou proxecto que veño levedando desde hai xa algúns anos. Segundo se achega a data de saída á rúa do Nin che conto, que xa está estando, vaise consolidando en min. Vouno necesitando máis ou voume agarrando máis a el. Sedúceme moito a idea de reunir nun volume os que eu considero os […]

remate da lectura de Shakespeare destilado, ou quen carallo son eu?

Posted: Xoves, Xaneiro 29th, 2009 @ 8:38 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Repaso os últimos títulos lidos: –O xeito de Freud (Carlos Lema ) ou a actualización da memoria ( o pasado ) como parte imprescindíbel da confromación do ser humano –Costa nortre/ZFK (Borrazás) ou o futuro interpretado como unha (a ) ameaza do presente, no que se insire indisolubelmente –O globo de Shakespeare (Jaureguizar), onde o […]

diario sen motocicleta

Posted: Xoves, Xaneiro 29th, 2009 @ 11:56 a.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en diario sen motocicleta

Práceme moito o filme de Walter Salles. Ultimamente máis ca nunca, atráenme as motos. E non podo deixar de ser rebelde, porque do contrario non sería, se non cultivas a capacidade para indignarte e apaixonarte igual só es po sen camiño. Moto aínda non teño, mais quero contarlles as miñas indignacións de hoxe (onte) para […]

cal é a finalidade da literatura?, ou adianto da crítica de O globo de Sahakespeare

Posted: Mércores, Xaneiro 28th, 2009 @ 7:52 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Eis estes dous parágrafos pertencentes á critica da novela de Jaureguízar, que inmediatamente procederei a enviar a A Nosa Terra: UNHA NOVELA DIVERTIDA E APAIXONANTE Título: O globo de Shakespeare Autor: Jaureguizar Editorial: Xerais Desde que Xosé Carlos Caneiro publicara Ébora (Xerais, 2000) poucas veces me divertín tanto lendo unha novela. Tentado estou de botar […]

que é literatura galega?

Posted: Mércores, Xaneiro 28th, 2009 @ 12:05 p.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en que é literatura galega?

Andei, estes días a explicarlles aos meus alumnos de primeiro de bacharelato, que é a literatura galega. Cales son os criterios posíbeis (temático, procedencia do autor, ideolóxico, filolóxico) e lagunhas das características xerais que van marcar a historia da Literatura Galega no seu conxunto. Evidentemente hai certas cousas que non discuto, tales como a paranoia […]

que é a literatura?

Posted: Martes, Xaneiro 27th, 2009 @ 8:10 p.m. in Sen clasificar | 7 Comments »

Todo apunta a que as letras, meu, as palabras, non están escritas senón vomitadas. Vomitadas?, pregunteille eu ao Willy. Como que vomitadas? Si señor. Vomitadas, devoltas, trousadas. Chámalle como queiras (113) No Shakespeare destilado o máis atraente é  metáfora sobre a creación, como a creación pode chegar a substituír a vida, a substituír ou a […]

de prexuízos sobre a lectura

Posted: Martes, Xaneiro 27th, 2009 @ 11:57 a.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en de prexuízos sobre a lectura

Primeiro prexuízo.  A play, a wi, os videoxogos…todas esas cousas prexudican a lectura, son contrarias ao espírito lector…ou formulacións semellantes, de seguro que as teñen vostedes escoitado en múltiples ocasións. Particularmente, téñollela oído a profes de lingua e literatura. Máis falsa que o bico de Xudas. Pola contra, ben administrado, o seu uso potencia a […]