O globo de Sahakespeare, tereceira xornada de lectura ou por provocar e algo máis
Alegara que a bolsa en Galicia que cobraba era breve (175)
Celia Mandiás entrou na sala do pazo levando unha bandexa para a cea de Leandro sen darlle fala para non desconcentralo ( 179)
Eis dous exemplos máis. Iso é o malo de Jaureguizar. Ese pouco coidado estilístico, sintáctico. Polo demais, as súas fabulacións adoitan ser completas, tece historias interesantes, cun espírito lúdico, irónico, non exento de rebotica e sempre dando que pensar.
Onte, xa viron o mal que me caeu ter que deixar a lectura. Finalmente conseguín espabilar, o cal non quere dicir que me pasara a canseira. Rematei a lectura hoxe (hoxe era venres ciclónico, mais agora é matinal sabatina). Non me defraudou, nin moito menos. Porén non se abriu a trama como eu agardaba, coa viaxe de Ricardo á patria de Shakespeare-Chéspir-xaquespeare. Jaure tiña outro plano. Comecei a albiscalo cando a «acción» non volvía ao Pozo do Francés. En parte, lóxico. Ou totalmente.
O globo de Shakespeare é unha novela divertida, a fe que o pasei ben léndoa. O malo, xa lles dixen.
Por provocar. Imaxinen que esta novela a escribe Caneiro.
Por provocar. Imaxinen que A vida nova de Madame Bovary a escribe Jaureguizar.
Por provocar e algo máis.
A propósito de O globo de Shakespeare, por algún lado linlle aplicado o cualificativo «almodovariana». Un blogueiro correcto eficiente, poñeríalles aquí un enlace. Porén xa se me foi electricidade tres ou catro veces e Fenosa non se vai facer responsábel das miñas perdas de tempo ( e lembren que onte foi un día esgotador, que rematou ás tantas con ficción en 32 polgadas ). Total, miren, que é para dicirlles que a min o cualificativo ese me parece insuficiente, igual que o de » valleinclanesca procura» tamén me semlla excesivísimo. Para min esta novela é máis de Buñuel, hai tres ou catro escenas terriblemente de Buñuel. E, agora non sei se provocarei ou non, pero a realidade é esa e non o vou negar nin calar, miren que a novela de Jaureguizar máis que de Valle Inclán me parece caneirina. Si, hai aquí máis de Ébora do que se pode imaxinar un a priori
1 comentario
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2009-01-24 @ 2.42 p.m.
[...] de Shakespeare, a súa premiada novela que cada vez está recollendo maior interese por parte da crítica, dos medios e do lectorado. Recollemos algúns fragmentos da [...]