ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

diario sen motocicleta

Filed under: CARA ADIANTE — 29 Xaneiro 2009 @ 11:56 a.m.

Práceme moito o filme de Walter Salles. Ultimamente máis ca nunca, atráenme as motos. E non podo deixar de ser rebelde, porque do contrario non sería, se non cultivas a capacidade para indignarte e apaixonarte igual só es po sen camiño. Moto aínda non teño, mais quero contarlles as miñas indignacións de hoxe (onte) para que lean vostedes mañá (hoxe).

Comecei o día e xente moi cabreada con Fenosa, lóxico. Lamaparda é o nome dun prado de noso, teño pasado boas tardes alí. En certa ocasión chegaron os de Fenosa, chantaron un poste a medio metro do valado norte, furando no ceo polo medio de carballos e algún vidro pequeno. Por suposto non pediron permiso. Avisámolos, coma se non estiveran avisados, miratí, nós non nos podiamos facer responsábeis se as árbores medraban ou se caían e tombaban os fíos ou se simplemente o vento os escarallaba. Moito mal ten feito Fenosa, sempre amparada no caciqueo local. Una oínte da RG. indignada, preguntábase cómo é que nós pagamos o mesmo pola luz se levala deica Madrid custa moito e aquí ao lado é  onde se produce… que nos devolven os madrileños a cambio?

Moito amolaron con aquilo de que o minifundio era un atraso, xustamente eles, que non tiñan nin onde plantar unha cebola. E agora van e a FAO financia minifundios. Resulta que o noso método de produción agora é exemplar…xa ten collóns!!!

Vaia, levei o coche a revisar; fun  banco, escribín unha anotación, contestei correos, botei carburante, dúas horas de clase, e Elisa? (hai moito que non a vexo), xantei, lin de pé, rematei o Shakespeare destilado de Constela, seguín agardando, coñecín unha muller que se parecía moito a outra que anda no Ruta 66, déronme as receitas, Xosé Luís segue tan atento coma sempre, chove, non deixa de chover, volvo á casa, vexo xogar a Darío (un minuto), fágolle a merenda, marcho comprar, visito os meus pais, un recado, media hora andando a bon paso, chove, chove, menos mal que me tapa un sete parroquias, regreso, fago a cea (arroz con luras en tinta), ceo, miro o Larpeiros ( un acerto iso de pasalo xusto na hora da cea, as receitas, tampouco todas, resultan bastante previsíbeis, nunca ha faltar o refrito, pero a todo o mundo se lle hidratan as papilas gustativas), contesto máis correos e, por fin, ceibo o río de palabras que fun gardando, este:

quen é o inimigo?

Eu pensaba que eran Galicia Bilingüe, Corina Porro, Raxoi, Feixó, Paco Vázquez, UPy D, Aznar, Jiménez Losantos e toda esa caterva que tiran a matar contra o galego (falado e escrito), non un pobre home que coa súa mellor intención vai e se “equivoca” de normativa. Coma se alguén neste mundo houbera que fora capaz de demostrar que unha determinada lingua esixe unha determinadísima opción normativa.

E pénsoo, téñoo moi claro. Como teño moi claro que, deste cristo montado con semellante motivo, os directamente beneficiados son GB, Corina, raxoi, Feixó, P.V., Rosa Díez etecé. Porque se alegrarán de todo o que nos fraccione, e orgasmarán se nos fraccionamos nós, aínda por riba, krallo q bnta mpnda x q s amasa soa hostiás deijei describir en ghallegho…q trst, q pqna e a kncla q ns pcha.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.