ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

remate da lectura de Shakespeare destilado, ou quen carallo son eu?

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 29 Xaneiro 2009 @ 8:38 p.m.

Repaso os últimos títulos lidos:

O xeito de Freud (Carlos Lema ) ou a actualización da memoria ( o pasado ) como parte imprescindíbel da confromación do ser humano

Costa nortre/ZFK (Borrazás) ou o futuro interpretado como unha (a ) ameaza do presente, no que se insire indisolubelmente

O globo de Shakespeare (Jaureguizar), onde o pasado obsesiona o presente, ficción de seres alternativos obsesionados polo pasado, polo mundo de Shakespeare.

Shakespeare destilado ( Constela Doce). Primeiro e xa que estes días falamos de versións duns autores da obra de outros, segundas partes e iso. Pois a min gustaríame que Constela Doce reescribira o Shakespeare destilado, a mesma historia, mais en terceira persoa. Segundo Shakespeare destilado representa unha fuxida de cara á ficción, ficción que é unha homenaxe ao pasado.

E constato que:

-A xente agarda a chegada da noite, e despois da cea hoxe poñen tal filme ou tal teleserie, que é ficción, mais á que lle presta a suficiente atención como para vela como posíbel representación  dunha realidade distante asimilábel á súa vida.

-A Xente, minutos antes ollaba as noticias do telexornal (por exemplo as do recente temporal), aquí ou en Tombuctú, séntese incómoda, se cadra tamén solidaria, e tamén, tamén é posíbel que se estrañen da magnitude da traxedia igual que se poderían sentir afectados pola sucesión de fotogramas de calquera filme

ZONA DE PREGUNTAS: que é realidade?, que é ficción?, a ficción é realidade?, a reaLidade é unha ficción macabra?

( Niso da esencia da realidade, hai moito da natureza concreta ou obastracta, mais a oposición concreto-real-táctil para os sentidos fronte a abstracto-irreal ou ficticio-non táctil, deixou de ter sentido)

-e os desexos?, son ficción?

-e as esperanzas? son ficción

-e as propostas de futuro, os proxectos?, son ficción

– é que a historia oficial non é UNHA INMENSA FICCIÓN

-desexos, esperanzas, proxectos de futuro, a mesma Historia ( nós somos froito dela) conforman parte activa e moi importante da nosa personalidade. Ben, pregunta: habitan entre as mesmas fronteiras que Dark Wader, Jabato, Madame Bovary, Corto Maltés, Artur, Cinsenta, Adrián Solovio…

-habitan as mesmas fronteiras que Homero, Cervantes, Petronio, Pedraio, Martin Codax, Borges, Lovecraft, Poe, Dieste…

A QUE VÉN TANTA PREGUNTA? Pois a que ti, ti coma min, es, polo menos en boa parte, en grande medida es aquilo co que te identicas

Séguenme a liña paranoico-lóxica?

Fala agora unha muller, repoluda, nova, lista coma un allo, moi jaureguizariana última entrega. Non, non é Sulema. Sulema é un sol, unha criatura excelsa. É a amiga fea, doutora en psiquitaría.

-Pódesmo repetir ou é que estaás toelando?

Repito.

-Non o entendo.

-Eu tampouco sei se o entendo.

-Sexamos intelixentes- intervén Sulema-, destilémolo.  E abriunos a parta da Taberna de Nerea. E brindamos, por Constela, outra por Jaure, outra por Borrazás, outra por Carlos…

E agora escribín

1 comentario

  1. ferradura en tránsito » de novelas de escritores:

    […] tamén, ocasión para retomar un fío argumental recorrente nas anotacións desta Ferradura, o nivel da ficción. Os escritores foron creadores de […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.