ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

ollos e palabras

Filed under: sétima arte — 30 Xaneiro 2009 @ 7:31 p.m.

Hai días nos que tardas en espertar. Andas erguido, mais os músculos como enlentecidos e poucas ganas de pensar, case cousa che excita as neuronas. Hoxe comezou así. A mañá paseina nun cinema, vendo Pradolongo con algúns alumnos meus e outros doutro centro. Gustoume máis desta vez. Non é un filme que pase á historia por excelencias nin na dirección nin na interpretación, aínda que boa parte dos actores e actrices están a bon nivel noutros casos non é así, acompañan unha dirección gris. Porén é un filme no cal a proximidade da historia fai esquecer calquera “matiz” deses. E tamén é un valor, un valor que cómpre non esquecer e hai que agradecer a Pradolongo a súa recuperación, este recuncar na estética de Sempre Xonxa é do mellor que lle aconteceu á sétima arte galega nos últimos tempos.

Se queredes saber o que pensa a xente do que acaba de ver, non preguntedes, mirádelle aos ollos. Desde o tempos de Madrid, nos que tranquilamente podía ver máis de seis filmes á semana, ese indicador nunca me fallo. A xente aprende a mentir coa boca, coas palabras. Mesmo creou toda unha estética da desnaturalización expresiva ou o finximento en función da imaxe. E pode estirarse detrás de quilos de chapa e pintura, mais case nunca sabe mentir cos ollos.

Na proxección sentín desagrado, primeiro por culpa do operador. Despois porque nestes locais onde o  cinema é un residuo ( o importante é o gasto en chilindradas), a descortesía con quen vai ver cinema está garantida. Eu xa advertira que Pradolongo me semellaba un tanto “atrevida” para rapaces de 1º  e 2º de ESO, pero a dirección do centro nin caso. Nin hai maneira de poder controlar ben aos alumnos.

Fun o primeiro en saír, por comprobar nos ollos. Eran ollos que moitas veces evidenciaban lácrimais excitados.

Ah, carai, seica lles chegou, seica lles entrou…pensei eu.

-O único que me gustou foi o coche- Dixo un proxecto de muller, un arrepiante proxecto de muller, xa cómpre ter pouca sensibilidade. Por suposto non lle mirei os ollos, apartei a vista dela.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.