ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

os meus mellores contos moi breves do mundo

Filed under: CARA ADIANTE,CRÓNICA DA CRÍTICA — 30 Xaneiro 2009 @ 11:29 a.m.

Un pan ou proxecto que veño levedando desde hai xa algúns anos. Segundo se achega a data de saída á rúa do Nin che conto, que xa está estando, vaise consolidando en min. Vouno necesitando máis ou voume agarrando máis a el.

Sedúceme moito a idea de reunir nun volume os que eu considero os mellores contos do mundo, os mellores contos do mundo escritos en menos de dúas páxinas ou cincocentas palabras.

Matino que así ben puidera manifestarse a vontade por continuar nos pasos do conto hiperbreve, por non  pechar o círculo senón amplialo.

É máis, xa decidín ir xuntando material. Que o ocupará o lugar deixado polo que me utilizou para escribir o Nin che conto. Ou será un imperativo do ominoso caos aparente pousado enriba da miña mesa.

En parte tamén quero rescatar eses contos, porque o que pasa cos contos é que se perden no tempo no meirande facilidade.

Se cadra, o proxecto-pan, precisa redefinirse, é posíbel, veremos segundo vaia cocendo.

O que xa non vexo maneira é de que pare.

Será ben acollida calquera suxestión.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.