ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xaneiro, 2009

a dimensión do finximento, ou primeira sesión de lectura de Shakespeare destilado

Posted: Luns, Xaneiro 26th, 2009 @ 7:45 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a dimensión do finximento, ou primeira sesión de lectura de Shakespeare destilado

Inevitabelmente, non poderei evitar a colateralidade de referirme a O globo de Shakespeare, estou prevendo. Tratarei de evitalo. Dígolles, primeiramente, que desde que esta mañá lles anunciei que Shakespeare destilado ía ser a miña lectura desta semana, pois quero dicirlles que lles é mentira. Agora só poderá ser media lectura. Vamos, que metade da novela […]

si, por provocar e algo máis

Posted: Luns, Xaneiro 26th, 2009 @ 11:20 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 3 Comments »

Este sería o lugar para dar conta da lectura desta semana. Porén, unha vez escrito aquilo de que me guastaría ler unha Vida nova de Madame Bovary escrita por Jaureguizar e unha O globo de Shakespeare da autoría de Caneiro. Logo diso, recunquei en varias ocasións nesa meditación. Para reafirmarme. E mesmo para ampliala. Por […]

abrente da nova poesía galega e non só

Posted: Domingo, Xaneiro 25th, 2009 @ 12:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en abrente da nova poesía galega e non só

mellor dito, abrente da nova literatura. Mais a nova literatura, a de pasadomañá, ha empezar fundamentalmente pola poesía. Razón. O espazo físico que ocupa é o que mellor se axeita ás novas tecnoloxías. E á poesía seguirá o que hoxe é a Literatura Mínima. E haberá que reivindicar novas fórmulas narrativas, e moitas presentacións power […]

O globo de Sahakespeare, tereceira xornada de lectura ou por provocar e algo máis

Posted: Sábado, Xaneiro 24th, 2009 @ 12:08 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Alegara que a bolsa en Galicia que cobraba era breve (175) Celia Mandiás entrou na sala do pazo levando unha bandexa para a cea de Leandro sen darlle fala para non desconcentralo ( 179) Eis dous exemplos máis. Iso é o malo de Jaureguizar. Ese pouco coidado estilístico, sintáctico. Polo demais, as súas fabulacións adoitan […]

Sulema, as pernas e a dúbida

Posted: Venres, Xaneiro 23rd, 2009 @ 7:33 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Sulema, as pernas e a dúbida

As aulas foron suspendidas, non tiña que ir a Monforte. As aulas foron suspendidas, nunca darei entendido ben porque as suspenden cando as suspenden, e noutras ocasións con peores condicións non fan nada. Tiña que levar  o meu pai á revisión-rehabilitación do brazo, lembran cando caeu esgazándoo na reixa da fiestra? Nestes casos alimento a […]

Jaureuizar, eu e os fantasmas: ou segunda xornada de lectura de O globo de Shakespeare

Posted: Venres, Xaneiro 23rd, 2009 @ 11:12 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Jaureuizar, eu e os fantasmas: ou segunda xornada de lectura de O globo de Shakespeare

E ti vas e estás lendo isto, esta aparición, que enche un lugar no baleiro e tamén na túa mente. Moi  importante ese segundo termo, a mente. Transcendental. Todo o que esxiste na túa mente, como na miña, é de natureza fantasma, inapreixíbel. Cando ti esteas lendo isto, isto existe. Pois non. Isto existía antes […]

competencias básicas e a cona verde, decálogo

Posted: Xoves, Xaneiro 22nd, 2009 @ 9:34 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | 3 Comments »

O plan era estar escribindo, telo feito xa, de O globo de Shakespeare, mais no estado de cabreo e frustración de agora mesmo, non o vou facer. Será a primeira anotación de mañá. Agora quero escribir sobre as competencias básicas “en quente”. 1) Ás veces dáme por pensar que debería estar prohibido poñer un político […]

A batalla do paraíso triste, adianto da crítica

Posted: Xoves, Xaneiro 22nd, 2009 @ 11:17 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en A batalla do paraíso triste, adianto da crítica

que onte enviei a A nosa Terra: FIDELIDADES E TRAIZÓNS NO PARAÍSO TRISTE Título: A batalla do paraíso triste Autor: Xosé Ramón Pena Editorial: Xerais Como un paraíso triste, así definiu Antoine de Sait-Exupéry a cidade de Lisboa, alá polos comezos da II Guerra Mundial, onde residiu, fuxindo da barbarie nazi como tantos outros milleiros […]

O globo de Shakespeare

Posted: Mércores, Xaneiro 21st, 2009 @ 7:44 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Empezando porque son dúas novelas premiadas, si, hai moitos paralelismos entre a novela de Jaureguizar e Shakespeare destilado de Constela Doce. Levo, lido, un terzo da novela, e, de verdade que son moitas. Para máis morbo, en dúas editoras diferenres: Galaxia e Xerais ou Xerais e Galaxia. Mais iso non supón novidade para quen le […]

a mellor novela de 2008?

Posted: Mércores, Xaneiro 21st, 2009 @ 11:38 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Sobre todos, hai un título con valores literarios sobre calquera outro, con moita clareza malia ser un ano, 2008, de moi boa colleita narrativa. Velaquí a foto finish da saída, agardo sabendo que hai corredores atrasados: –Obxectos antigos de idade ignorada,  Antón Risco –A lúa dos Everglades, Xesús Manuel Marcos –Conexión Tubinga, Alberto Canal –O […]