ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Febreiro, 2009

abecedario reflexivo

Posted: Sábado, Febreiro 28th, 2009 @ 12:14 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en abecedario reflexivo

Hoxe: xornada de reflexión, imaxino que se chama así para que os políticos reflexionen sobre o que fixeron, sobre as promesa de mentiras que contaron, sobre as calumnias infundadas e oportunas que oportunistamente arroxaron. Xornada de reflexión: non creo nos indecisos, non creo nos indecisos como persoas que se deciden tras unha xornada de reflexión. […]

galego, lingua presentida (II) ou partido pernicioso

Posted: Venres, Febreiro 27th, 2009 @ 4:59 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en galego, lingua presentida (II) ou partido pernicioso

aí atrás escribín isto quero recuncar un tanto teño medo, medo me dá pensar que a partir do 1-M Galiza pode quedar baixo o pé dun matón de colexio privado que ten esta opinión de para que serve a cultura. ese é o seu verdadeiro programa cultural, a ignorancia, canto máis ignorantes máis doados de […]

perdendo Feixó, gañamos todos

Posted: Venres, Febreiro 27th, 2009 @ 11:21 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en perdendo Feixó, gañamos todos

Onte, un chisco antes de poñerme a redactar estas liñas que ti les hoxe, recibín un chamado telefónico que me  deixou bastante perplexo. Era unha muller maior, de moi bon corazón e que me ten  lei e boa estimanza. O motivo da chamada, duplo. Dunha banda confirmarme que nas vindeiras vacacións terei a auga do […]

adianto da crítica de Riofero

Posted: Xoves, Febreiro 26th, 2009 @ 4:19 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en adianto da crítica de Riofero

que enviei onte a A Nosa Terra, neste caso correspóndese co terceiro e cuarto parágrafos Como consecuencia, falamos dunha novela ricamente ambientada. Malia tratarse dun lugar inconcreto, dun lugar de ficción, esa fronteira, ese Riofero fronteirizo, a atención ao detalle é permanente. O narrador, coma se fora un lector de píxeles non deixa recuncho de […]

eleccións 09, os nazis presentan candidatura

Posted: Xoves, Febreiro 26th, 2009 @ 11:35 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en eleccións 09, os nazis presentan candidatura

Esta foto seica é polémica.  Seica hai que dar explicacións… aínda que aí ninguén sexa un delincuente. Pero, e disto? E disto E disto? Un chisco de humor E disto? E disto? E disto? E disto? E disto? E disto? E disto? Quen é o verdadeiro pai de Fraga?, se cadra hai máis bastardías que […]

Memoria de cidades sen luz, segunda xornada de lectura

Posted: Mércores, Febreiro 25th, 2009 @ 4:31 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Memoria de cidades sen luz, segunda xornada de lectura

Ando achegándome á metade da novela, aínda me queda un cacho, chegarei na xornada de hoxe. En todo caso quero poñerme a escribir isto. Primeiro por rectificar ou ampliar unha afirmación anterior, na que salientaba o uso do estilo indirecto. Ese estilo indirecto resúltalle moi útil, é o que achega os puntos de vista actuais […]

a iconografía da campaña

Posted: Mércores, Febreiro 25th, 2009 @ 12:19 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a iconografía da campaña

recollo de besbe unha vella teima miña relativa ao tratamento da imaxe nas campañas electorais, que xa ten aparecido polas liñas desta bitácora. práceme, ademais, recollela dunha bitácora intelixente e sensíbel. tanto que, vede, a mensaxe é diáfana (a min o que me gusta…é que me miren á cara) mai se miramos o retrato debaixo […]

o país dos ananos

Posted: Martes, Febreiro 24th, 2009 @ 6:14 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o país dos ananos

coincide o título, mais non me quero referir ao programa que tan ben conduce Belén Regueira na TVG. nin sequera aniña nel certo espírito lúdico e subversivo, propio dos martes de entroido. teño como unha crenza, constatábel no día a día, que a involución social na sociedade hespañola é un feito innegábel. de que o […]

Memoria de cidades sen luz, inicio da lectura

Posted: Martes, Febreiro 24th, 2009 @ 12:16 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Memoria de cidades sen luz, inicio da lectura

A miña lectura desta semana é a nova novela de Inma López Silva, o Blanco Amor de 2008, Memoria de cidades en luz. De momento aínda ando rematando o primeiro capítulo ( máis de 70 páxinas, o capituliño…) e teño que dicir que lectura me está satisfacendo. No eido técnico, práceme o uso que Inma […]

políticos e actitudes

Posted: Luns, Febreiro 23rd, 2009 @ 6:04 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en políticos e actitudes

Viu como aqueles que se dicían camaradas, ou aqueles que el cría camaradas, na loita política remataron por traicionalo, por amarrarse a ventos que encheran mellor os seus petos, os seus petos tamén da sede de poder. Topo con el esta mañá, vive en Ourense e véxoo de cando e cando. Parolamos un  pedazo. Como […]