ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Marzo, 2009

Álvarez Cascos confirma que Feixó atacará o galego

Posted: Martes, Marzo 31st, 2009 @ 6:52 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Álvarez Cascos confirma que Feixó atacará o galego

Píllase antes un mentirán ca un coxo. O que pasa é que estamos tan urxidos de calma que aínda que nos poñan diante dos ollos as cousas non as vemos. Xa de por si non resulta doado crer nas palabras dos mentiráns, e de sobra sabemos que Feixó só di o que cre que a […]

a musa e a autoestrada

Posted: Martes, Marzo 31st, 2009 @ 10:28 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a musa e a autoestrada

Por como pasan as cousas tócame ler Peaxes, de Santiago Lopo, novela breve que edita Xerais. Xa empecei esta bitácora escrita nos tempos mortos, entre coche e coche, que pasan pola peaxe na que traballa o protagonista central da novela. Miratí, De catro a catro, esa marabilla de Manuel Antonio, tamén foi escrito nos tempos […]

sexo, mentiras e Feixó

Posted: Luns, Marzo 30th, 2009 @ 3:58 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sexo, mentiras e Feixó

Ou, o que todos os galegos deben saber e LVG cala. Ou, cousas que imos sabendo mentres non chega o verán. Xa sabemos todos que o electo para exercer de delegado da clase é un tipo de mirada desconfiada, rancorosa, un chapón que se sente superior aos demais, amigo de figurar en calquera tomate e […]

descuberta e convite

Posted: Luns, Marzo 30th, 2009 @ 10:43 a.m. in CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en descuberta e convite

Procurar, procurei, mais nada achei para engadir ao pouco que desta autora sei: Santa Maria é seu único nome. Uma mulher misteriosa que não concede entrevistas e não se deixa fotografar. Investe no comércio mortuário com franquias funerárias e organizando velórios. Apaixonada pelos mortos e fascinada pela temática da morte, começou sua carreira desde jovem, […]

RA!, RA!, RA!

Posted: Domingo, Marzo 29th, 2009 @ 11:29 a.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en RA!, RA!, RA!

Deséxolle o mellor a RA!, a Rede Anticapitalista Galega, mais non é o parabén expreso o que motiva esta anotación. Andei  pola rede procurando o que non dei atopado,  a páxina web de RA!, tempo como para que dos diversos fíos que me ofrecía a actualidade, escollera este para turrar del. RA! é unha organización […]

eu pido a ilegalización do PP

Posted: Sábado, Marzo 28th, 2009 @ 12:01 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en eu pido a ilegalización do PP

Pode unha sociedade demócrata permitir a existencia de partidos políticos contrarios ao sistema democrático? Se ademais de democrática é inxenua, permitiraos e pagarao. Se obra con intelixencia aforrarase moitos traballos, pesares e cambadelas. Sobre todo aforrará moito tempo, cartos e forzas. Tempo, cartos e forzas que moito mellor empregados estarían en prol do progreso de […]

Para seguir bailando, algunhas notas

Posted: Venres, Marzo 27th, 2009 @ 4:56 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Para seguir bailando, algunhas notas

Para seguir bailando non só é o título do libro senón tamén do derradeiro relato. O conto consiste nunha carta a unha cronopia ou a Julio Cortázar e o mundo do real, do fantástico e do cotián. Tres mundos que tamén se entremesturan no conto de Fernández Naval “Margot e a noite”, así se chama […]

contra a manipulación informativa e pola cultura

Posted: Venres, Marzo 27th, 2009 @ 11:43 a.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en contra a manipulación informativa e pola cultura

A LVG gustaríalle escribir isto. Ben a LVG, a EP, a ABC, La Razón, El Mundo… COMO UN ATAQUE AOS CIDADÁNS DE SANTIAGO, UNHA SALA QUE HOMENAXEA A TERRORISTAS CONVOCA AOS SIMPATIZANTES DO MOVIMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL A UN ACTO ILEGAL DE KALE BORROKA COINCIDINDO CO 8º ANIVERSARIO DA MATANZA DE NETANYA Cando, en realidade […]

Os bicos de Tina, adianto da crítica

Posted: Xoves, Marzo 26th, 2009 @ 9:19 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Os bicos de Tina, adianto da crítica

da novela de Afonso Eiré que onte memso enviei a A Nosa Terra. Son o segundo e cuarto parágrafos: A novela de Afonso Eiré é desas que se din moi pouco politicamente correctas. Relatar a primeira experiencia sexual de quen aínda son dous nenos non é politicamente nada correcto. Mais a novela non pretende escandalizar, […]

a represión lingüística, aquí e xa: outra noticia que non publicará LVG

Posted: Xoves, Marzo 26th, 2009 @ 11:39 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | Comentarios desactivados en a represión lingüística, aquí e xa: outra noticia que non publicará LVG

Chegoume a noticia onte pola noite. Deixoume coa boca aberta. Hai nela cousas que non me convencen moito, ou non me cadran de todo, na redacción da noticia. Como o feito de non se identificaren ben os protagonistas. Ou que a noticia a recolla a CNT e que non parta a denuncia da Mesa. Cousas […]